O Programa Prensa-Escola convocou unha nova edición do Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil, un certame que ten como obxectivo familiarizar aos estudantes galegos coa lectura e manexo do xornal, e axudarlles a desenrolar a súa capacidade de exposición e redacción.
O alumnado de segundo fixo un debuxo ilustrando a noticia publicada nunha edición impresa da Voz de Galicia, seleccionada e comentada previamente por el.
A súa mestra facilitoulles a elección da noticia, mostrándolles as imáxenes do xornal, compartindo a lectura dos titulares e resumindo a información contida.
Unha vez seleccionaron o titular os nenos e nenas fixeron un bosquexo no cuaderno de lingua, compartindo co resto dos compañeiros a mensaxe a través do debuxo. O paso final foi facer o debuxo na plantilla correspondente, darlle cor e pegar ou escribir o titular. A continuación podedes ver o resultado do traballado.