Dende a escola hai unha crecente preocupación pola vida sedentaria dos nosos alumn@s, xa que entendemos que o corpo necesita un mínimo de actividade física diaria para manterse en forma e ter unha vida máis saudable.
EXERCICIO FÍSICO : Vivimos nunha sociedade na cal, cada vez, temos máis tempo libre e de lecer, pero este tempo utilizámolo en ver a televisión, xogar coa videoconsola, etc, e dedicamos menos para facer unha actividade física adecuada, o cal nos leva irremediablemente ao sedentarismo, que se caracteriza pola ausencia de actividade física e os problemas que iso acarrea nos nen@s.
Neste curso estamos a participar no Plan Proxecta. O noso proxecto leva por título: Erguete xa!
Un dos obxectivos que estamos a traballar na aula é Que os nen@s coñezan e usen os movementos motrices, perceptivos e sensitivos como medio de distrute corporal e de benestar na súa vida cotiá.
Con esta actividade pretendemos que os nosos alumn@s desenvolvan a coordinación motriz a través de desprazamentos no espacio, da proxección do corpo no espacio, tomando conciencia do ritmo, dos diferentes desprazamentos, e utilizando para elo a unidade didáctica sobre o corpo humano que estamos a traballar neste primeiro trimestre do actual curso escolar.
Ademais pretendemos que adquiran una actitude de interese pola precisión de movementos, pola actividade física en xeral e polo hábito deportivo e o benestar físico e mental no seu hábito cotiá.
Xa levamos elaborado algún material que está colgado na aula virtual.
En música levamos aprendido unha coreografía para cada festa: para o Samaín e para o Magosto.
O Nadal é unha época para intercambiar agasallos e nós fixemos unha petición moi especial. Está claro que esperamos manternos activos tamén o vindeiro ano. Menos "sofing" e máis actividade física.
Os rapaces e rapazas de 2º e algúns de terceiro e cuarto tamén nos desvelaron os seus desexos para un Nadal en movemento:
O 1 de outubro, día do Maior, visitamos o Centro de Día. Ao chegar fomos recibidos polos anciáns e os seus coidadores, que nos tiñan preparadas un montón de actividades: contos, cancións e ensináronnos como se practicaban unha serie de xogos tradicionais, dos da súa época. Algúns xa os coñeciamos, pero outros non. Editamos un libro onde se recollen os xogos.
No curso 2008 - 2009 participamos no Deporte en Idade Escolar, tanto na modalidade polideportiva cultural, deporte en escolar e campo a través.
Participamos, coa proba polideportiva cultural os de 2º e 3º ciclo dos colexios: Entrimo, A Valenzá, e Lobios.
Nós, formamos equipo cos colexios de Lobios Entrimo e participamos enbaloncesto, bádminton, xadrez e na proba cultural.
Na actividade de deporte en idade escolar, participamos en Campo a través e fútbol sala. Tanto pequenos coma maiores chegamos á final. Nós, os máis maiores na final fixemos o que puidemos;
perdemos 8-5.
E os pequenos arrasaron na final quedaron 13-5.
Todo foi divertidísimo, xogamos en equipo, coñecemos a rapaces doutros colexos e gañamos moitos partidos.