Hoxe @s alumn@s de 5º e 6º de primaria do colexio CEIP Saco e Arce de Toén, queriamos aproveitar a enerxía calorífica do sol para facer unha infusión e unhas magdalenas nun forno solar.
Primeiro adaptamos a receita ás nosas necesidades aplicando as porcentaxes e as proporcións. Pedimos os igredientes na cociña e medimos e pesamos coas probetas e coa balanza.
MAGDALENAS
INGREDIENTES
• 2 ovos
• 132 gramos de fariña de trigo
• 132 gramos de azucre
• 132 mililitros de aceite
• 52 mililitros de leite
• 1 sobre de fermento
• Raspadura de limón e noces
Procedemento
1. Bater o azucre xunto cos ovos coa axuda dun batedor ata que quede espumoso.
2. Incorporar a raspadura de limón e o leite pouco a pouco.
3. Engadir o aceite
4. Peneirar a fariña co fermento e engadirllo lentamente á mestura
5. Engadir as noces picadas.
6. Deixar repousar media hora (o recreo) para que queden máis esponxosas.
7. Encher os moldes das magdalenas 1/3 da súa capacidade.
Mentres cociñabamos démonos conta de que o sol non acababa de saír de detrás as nubes e o forno non estaba a temperatura axeitada, así que decidimos cambiar de plans.
Pedímoslle ás cociñeiras se podiamos usar o forno do comedor, e elas deixáronnolo encantadas.
Mentres se cociñaban as magdalenas, preparamos unha infusión de Herba Luísa no Forno Solar, xa que non se precisa de tanta temperatura como para fornear as madalenas, e pasados quince minutos, as magdalenas estaban forneadas e a infusión, que chegou ata os corenta graos, estaba lista mesturamos con azucre e...
Traballo realizado por Brais Pazos Pereira