Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2024/2025

Na ORDE do 7 de maio de 2024 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/24.

 

BENEFICIARIAS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

 

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma E-DIXGAL con libros electrónicos.

 

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

 

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

  

PRESENTACION DAS SOLICITUDES

Pregamos que de ser posible se faga de xeito telemático. De non ser posible, pódese entregar a través do alumnado a seu titor-a cuberta e asinada. 

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais

membros computables da unidade familiar.

- A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25

- No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

 

DATOS ECONÓMICOS:

Renda percápita correspondente ao exercicio fiscal do ano 2022.

Sumaranse as casillas 435+460  da renda da unidade familiar e dividirase entre o número de membros computables.

Modalidade Axuda

Destinatarios Umbrais Renda Axuda Outros requisitos Documentación

Fondo solidarios libros de texto

3º,4º de

primaria

>6000<=10000€ 4 libros

Ter devolto en bo estado os libros de texto recibidos do fondo solidario no  curso 22-23

 

 

Segundo o caso a indicada na orde da convocatoria e na propia solicitude.

Orixinal e copia

 

Fondo solidarios libros de texto

3º,4º de

primaria

<=6000€ 6 libros

Adquisición libros de texto

1º, 2º de primaria >6000<=10000€ 160 €

Adquisición libros de texto

1º, 2º de primaria <=6000€ 240 €
Material escolar

1º,2º,3º,4º,5º,6º de  primaria

<=6000€

>=6000€

75 €

60 €

 

 PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES

 

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024.  

Para ser beneficiario do fondo é das axudas para libros de texto e material escolar é condición INDISPENSABLE, DEVOLVER OS LIBROS DE TEXTO RECIBIDOS DO FONDO SOLIDARIO (3º, 4º, de Primaria) neste curso 23/24.

O centro establecerá unhas datas no mes de xuño para devolver os libros.

  


  

LISTAXE PROVISIONAL DE ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2024/2025 (actualizado 02/07/2024)

Os interesados poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación no menú "Cidadán".

 

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

 


  

LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2024/25

 


 

 

Relación de material para a aula para o curso 2024/2025. (primeira semana de setembro)


 

 

 Acceso ao DOG



page | by Dr. Radut