6º Educación Primaria 2017/18
Estamos de volta nun novo curso, con novas caras e tamén con ilusións renovadas.
Queda un longo camiño por diante, quedan moitas voltas que dar pero pasiño a pasiño iremos superando obstáculos.
Imos aló!!
Proxecto Documental curso 2017/18
Este curso imos adicar o noso proxecto de traballo ao cine que ten como finalidade suscitar calquera contido educativo desde unha perspectiva lúdica, espertar entre o noso alumnado un espírito libre, creativo e crítico, aspectos que parecen importantes de potenciar desde as primeiras idades para conseguir persoas con criterio propio dentro dunha sociedade cambiante. Este é un proxecto para ir conseguindo unha escola que trasmita valores éticos, culturais e estéticos...en fín, insertar a escola na vida.