Escornabots ortográficos
Este ano o noso proxecto documental ten moita CIENCIA e Efrén convídanos a participar neste proxecto e converternos este curso en científicos e científicas.
Polo tanto, nós os de 5º, imos traballar coa ciencia e a tecnoloxía a reo.
A profe María propúxonos que xa que temos os ESCORNABOTS na biblioteca usemos a robótica para divertirnos e que elaboremos actividades de lingua para aprender.
Así que...mans a obra! Programamos cos botóns as secuencias de movementos do robot e ...ala! , a traballar coa ortografía e a gramática.
Ocorréusenos que poderíamos facer uns xogos nos que as NORMAS elexidas son as seguintes:Comenzamos pensando como podíamos facer un xogo divertido, pero a vez que sirva para repasar e aprender as linguas.
1º.- Cada xogador dispón de dous dados.
2º.- O xogador/a tira os dous dados e sae un nº.
3º.- Co nº que saiu o xogador ou xogadora programa o ESCORNABOT para que se desplace a cela correspondente do taboleiro.
4º- Cando o Escornabot chega a cela, terá unha pregunta agochada a cal temos que dar resposta.
5º.- As preguntas son difíciles e hai que dar respostas moi claras e precisas.
Bueno...claro que nós xa as sabemos porque somos os inventores do xogo e das preguntas!
A xogarrrrrrrrrrrrrrrr.....!
No vídeo vai descrita unha secuencia do xogo...pero hai moitas máis...