Obradoiro de montaxe. Soldaduras
Robótica nas aulas.
Precisamos un soldador, estaño, unha lupa, unha ferramenta chamada "terceira man" ou "Helping hand" que axudará a optimizar o traballo e unha boa iluminación. Para soldar, recurrimos a Roberto, un soldador experto .
1º Colocamos a peza lateral de conexión de corrente nos orificios que están máis cara o interior, deixando libre o de 5V. Procuraremos que quede o máis recto posible.
2º Soldaremos os cinco pulsadores na placa base.
3º De seguido soldamos as resistencias.
Na placa están marcados os lugares onde van as resistencias coa letra R.
Deixamos libres R1 e R7. Dóblanse os filamentos, introdúcense e comezamos a soldar de R2 a R6.
A resistencia debe quedar ben pegadiña á placa. Arrimamos o soldador ao punto onde vaiamos soldar e xuntamos o estaño para que se derreta.
Xa temos a botoneira lista para montar no escornabot!