AXUDAS LIBROS CURSO 2016/17
Prazo para presentar solicitudes
- O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 18 de maio e rematará o día 23 de xuño de 2016.
- O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017.