Dando a lata pola Paz
Dúas cancións resoaron este ano a ritmo de latucada:
O noso himno: Rock sen Guerra. A paz é a meta. Xa sabedes que é unha canción que vai medrando cada ano. Esta é a estrofa que lle engadimos este curso adaptándoa ao PDI A Volta ao Mundo con Efrén
A nosa viaxe vai comezar
unha volta ao mundo, imos dar.
Enche a maleta de ilusión é paz
Súbete a bordo vai ser xenial.
Segue o ritmo e canta...
Ven a dar a lata!
Letra da canción enteira no Souto dos Laretas
Tamén adaptamos a Canción de Mamá cabra ao proxecto de A Volta ao Mundo. Adaptamos a letra da canción nomeando os países aos que representa cada clase: España, Francia, Exipto, Alemaña, Australia, Brasil, A India e Xapón.
O MUNDO É GRANDE
1 – O mundo é grande como saberás
e somos tantos quen nos contará?
cen mil maneiras de falar,
cen mil maneiras de cantar.
2- E neste mundo o mesmo Sol
Danos a vida, e danos calor
os ventos sopran sen parar
sexas da India ou Alemán.
3- E na túa lingua falarás Hello, bonjour, guten tag
Hola, Salaam, namaste, boas e konichi wa
4- O mundo é grande xa cho dixen xa
e ser distintos e “diversidá”
Dende Xapón ata Brasil
distintas razas ti verás.
5- O mundo é grande, Ti mesmo o verás
ser diferentes non é “casualidá”
distinto pelo, distinta cor
os mesmos soños, mesmo amor.
6- O mundo é grande como saberás
Moitos países para visitar
Australia, Francia e Portugal,
Exipto, España e moitos máis.