DESTINO...BRASIL!
Ola a tod@s!
Este ano imos de viaxe polo mundo con Efrén e todo o colexio está implicado no proxecto...e dixo a profe que nós tiñamos que elexir un pais para viaxar e percorrer o mundo, para coñecer outras culturas afastadas de nós pero cada vez máis próximas, pois o mundo é unha pequena aldea global onde hai un mosaico de razas, crenzas e costumes diferentes...pero tamén parecidas a nós.
Coñecer para aprender e respectar os que son diferentes!
Despois de moito deliberar decidimos que o noso destino sería BRASIL.
Puxémonos a INVESTIGAR e xa coñecemos moitas cousas!