VEN LER
Coñecedes a canción Whatever you want de Status Quo?
Últimamente, escóitase moito xa que sae nun spot publicitario.
Pois nada, que escoitando este anuncio, ocorréuseme a idea de gravar un spot invitando a todos a ler.
Para celebrar o día das bibliotecas escolares (o 24 de outubro), na clase de música, inventámoslle esta letra e gravamos este vídeo...
NON CHO DIGO, CÁNTOCHO... VEN LER
Libros de terror, libros de humor,
de aventuras, misterio e de amor.
Moita información, canta máis mellor!
Na biblio do cole, entra por favor!
Cen libros lin. Eu xa lin mil.
Pasando o tempo na biblio do cole, non quero saír!
Non me movo de aquí, estase moi ben.
Só falta que *Efrén, che sirva un pastel.
*O esquío Efrén é a nosa mascota.