Skip to Content

Actividades

Camiño de Santiago

Os grupos de 5º e 6º de primaria realizaron unha actividade se sendeirismo polo Camiño de Santiago.

Actividade física en familia

Inspirándonos en Lloyd Martín que participou na Maratón de Londres ca súa nai e foi a persoa con síndrome de Down más xoven en finalizala, contamos as actividades físicas que facemos coa nosa familia neste mural.

 

Actividade de sensibilización e promoción dunha vida activa

Atletismo nas pistas da USC

Os grupos de 5º de primaria realizaron unha actividade deportiva de iniciación ao atletismo nas pistas da USC, da man do Club de Atletismo O Pino, onde prácticamos carreira, lanzamentos e saltos de altura e lonxitude.

Podedes ver o video na Aula Virtual

Xogade Campo a través Porto do Son

Participación na fase provincial da actividade deportiva escolar Xogade de campo a través en Porto do Son, con nove atletas das categorías benxamín, alevín e infantil.

Desfrutando da carreira!

                               

Podedes ver o video na Aula Virtual

Día da Terra "Plogging"

Conmemoración do Día da Terra combinando actividade física e coidado do medioambiente "Plogging"

                       

                                                 Podedes ver o video na aula virtual

Carlos noticias "Receitas saudables"

Carlos de 3ºA gravou un video xunto a súa irmá Julia de 1º B, coa axuda da súa familia, cociñando unhas receitas moi saudables con froitas e verduras.

Moitísimas gracias pola vosa implicación e por compartilo con nós.

Un traballo excelente!

                             

Podedes ver o video na aula virtual

Saídas pola contorna

Saídas pola contorna aproveitando os recursos que temos preto do noso centro.

           

Receitario

         Organizamos as receitas entregadas nun ficheiro "Receitario", hai receitas tradicionais, orixinais, innovadoras.... e todas, todas deliciosas!

        

Obradoiro de Alimentación

 

Obradoiro de alimentación saudable dirixido aos grupos de primaria e ao seu profesorado, co obxectivo de adquirir coñecementos sobre alimentación que se poidan implementar na vida diaria.

    

Alimentación saudable: Froitas e verduras

Cada grupo de nivel de primaria escolle unha froita e unha verdura das que temos no noso horto e nas árboles froiteiras do cole (ex: 1ºA amorodo 1ºB repolo).

Trátase de realizar:

1º Traballo en grupo: investigar as propiedades alimenticias de cada alimento en clase e elaborar un mural coa información, para despois intercambiala coutro grupo.

2º Traballo individual: escoller, escribir e elaborar unha receita, cada quen coa súa familia na casa, que despois se incorporará a un ficheiro de receitas saudables.

Os grupos de infantil realizan a actividade na aula.

                                                    

 

 

        

Distribuir contido


by Dr. Radut