Saúdos a todos e todas desde o departamento de Educación Física,
Vendo que o estado de confinamento estase alongando máis do que todos desexamos, queremos aportar unha recompilación de vídeos con diferentes actividades físicas que nos manteñan en forma e activos para seguir a nosa loita cotra o COVID-19.
Imos a organizar o traballo en dúas sesións semanais de menos de 30 minutos cada unha, feitas en dous días diferentes. Podedes organizarvos da maneira que queirades para levalas a cabo (horarios e días de realización). Se non vos chega con dúas sesións á semana, sodes libres tamén de repetilas o resto dos días.
Son actividades adaptadas a todas as idades, incluso anímovos a realizalas co resto da familia. O máis importante é manterse activo e entretido!
E recordade que, coma todo o traballo durante o confinamento, este non será nin obrigatorio nin avaliable.
Unha aperta para todas e todos, xa queda menos!
PD: Se necesitades preguntarme algo ou tedes dúbidas sobre algunha actividade ou exercicio en particular, poderemos estar en contacto a través do e-mail: efborjaroxos@gmail.com
Semana do 20 ao 26 de abril:
Sesión nº 1:
Zumba: https://www.youtube.com/watch?v=ymigWt5TOV8
Workout: https://www.youtube.com/watch?v=d3LPrhI0v-w&list=PLyCLoPd4VxBvPHOpzoEk5onAEbq40g2-k&index=2&t=0s
Yoga: https://www.youtube.com/watch?v=WeSwsYN8Z80
Sesión nº 2:
Zumba: https://www.youtube.com/watch?v=dkH1nZkkNbY
Workout: https://www.youtube.com/watch?v=SbFqQarDM50&list=PLyCLoPd4VxBvPHOpzoEk5onAEbq40g2-k&index=4&t=0s