O CEIP de Roxos, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias nesta situación tan excepcional de Estado de Alarma, sérvese de abalarMóbil para facilitar ás familias consultar as cualificacións.
Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos e fillas a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos ou fillas a través destes dispositivos.
ou
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado no noso colexio.
Consultade a guía: