Dentro dos diferentes recursos para utilizar con estudantes de altas
capacidades pódense empregar materiais que impliquen algún tipo de
reto ou desafío mental.
A continuación destácanse algúns recursos existentes na rede:
- http://roble.pntic.mrc.es/arum0010/ Portal con multitude de páxinas educativas por áreas curriculares, idades e etapas escolares.
- http://www.elhuevodechocolate.com Web con múltiples recursos: contos, adiviñas, xogos.
- http://www.mlevitus.com/ Nesta páxina pódese acceder a enigmas, crebacabezas xeométricos, series e secuencias matemáticas recreativas e xogos de enxeño.
- http://www.cajamagica.net/ Contos, adiviñas, xogos de linguaxe, exercicios de creatividade.
- http://ciencianet.com/ Portal con aspectos curiosos da ciencia, experimentos, preguntas, citas...
- http://www.juegosdelogica.com/ Enigmas, xogos de lóxica e inxenio, ilusións ópticas, puzzles, matemáticas recreativas.
- https://es.ixl.com/math/3-primaria Exercicios de competencia matemática clasificados en categorías para os distintos cursos de primaria.
- https://www.orientacionandujar.es/2018/09/16/altas-capacidades-60-enigmas-de-la-matematica-recreativa/ Historias con intriga e misterio para pensar, xuntar datos, combinalos, superar obstáculos e descubrir algúns dos segredos que esconde a ciencia matemática