O venres 15 de marzo abriuse o prazo de inscrición no Programa de Conciliación laboral e familiar de Semana Santa 2019, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía.
Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa de conciliación para as familias no tempo de vacacións de Semana Santa. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 15, 16, 17 e 22 de abril nos CEIP Monte dos Postes e CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.
Poden participar nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago de Compostela ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.
A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4),ou no rexistro auxiliar do Centro Sociocultural o Ensanche (Rúa de Frai Rosendo Salvado, 14-16) cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación e Cidadanía ou no propio rexistro. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.
O prazo de inscrición está aberto dende o venres día 15 de marzo ata o venres 29 de marzo de 2019.
O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de solicitar o uso do servizo de comedor.
- Información inscrición e matriculación Semana Santa 2019, pinchar aquí.
- Ficha inscrición programa Semana Santa 2019, pinchar aquí.
- Carta, pinchar aquí.