Skip to Content

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN LABORAL E FAMILIAR DE NADAL

O venres 16 de novembro de 2018 abriuse o prazo de inscrición no Programa de Conciliación laboral e familiar de Nadal 2018, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía.

Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa  de conciliación para as familias no tempo de vacacións do Nadal. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro de 2018, e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2019 nos CEIP Monte dos Postes e CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.

Poden participar nenos e nenas empadroados no  Concello de Santiago de Compostela ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.

A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4),ou no rexistro auxiliar do Centro Sociocultural o Ensanche (Rúa de Frai Rosendo Salvado, 14-16) cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación e Cidadanía ou no propio rexistro. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

 O prazo de inscrición estará aberto dende o venres día 16 de novembro ata o venres 30 de novembro de 2018.

O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de solicitar o uso do servizo de comedor.

 Podes atopar máis detalles, no texto explicativo que se acompaña, así como a ficha de inscrición no programa.

AdxuntoTamaño
Ficha inscricion programa Nadal 2018.pdf83.6 KB
Información inscrición coincilia Nadal 2018.pdf76.41 KB
Carta PROGRAMA CONCILIACIÓN NADAL 2018.pdf413.08 KB


story | by Dr. Radut