Iniciar sesión
SECRETARÍA
Proxecto Ríos
Proxecto Ríos - Charla
admin — Mér, 01/06/2022 - 12:29
O alumnado do colexio aprendemos un montón da arqueóloga Nina, que nos fixo ver a importancia que tiveron os ríos Sar e Ulla para a caza, pesca e vida diaria no Paleolítico. Para a agricultura e gandaría no Neolítico. Para os poboados castrexos e comercio intenso con outros pobos do mediterráneo na Idade dos Metais. A gran cidade romana de Iria Flavia e os portos comerciais. A gran importancia que tiveron tamén os nosos ríos na Idade Media coas pesqueiras, torres defensivas contra as invasións viquingas, Castelo da Rocha Branca,... E, posteriormente, se construíron muíños de auga ou batáns para tratar o liño máis coñecido a nivel mundial pola súa calidade. Tamén reflexionamos sobre a contaminación que sofre o río Sar nas últimas décadas despois de milenios dando vida a estas terras con augas de gran calidade.
Ríos de Galicia por 6º de E. I
admin — Mar, 24/05/2022 - 15:01
Actividade Proxecto Rios. Na pementeira traballamos diferentes contidos relacionados cos rios e recitamos rimas sobre algúns ríos galegos.
Proxecto Ríos
admin — Mér, 23/03/2022 - 10:41
En segundo de primaria, despois de falar de animais vertebrados en Ciencias da Natureza e dos ecosistemas en Ciencias Sociaís,lemos o poema "Canción para ir ao mar de pesca" no que coñecemos moitas artes de pesca tradicionais e peixes e moluscos da nosa Ría. Tamán aprendimos que non debemos pescar os peixes pequenos, temos que deixar que cheguen a adultos para que poidan ter fillos. Pezqueñines non,gracias. Quedounos un mural moi chulo
Proxecto Ríos
admin — Dom, 06/03/2022 - 23:28
Proxecto rios 6º E. Infantil
admin — Sáb, 19/06/2021 - 17:25
Calendario
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |