Iniciar sesión
SECRETARÍA
Proxecto Ríos - Charla
admin — Mér, 01/06/2022 - 12:29
O alumnado do colexio aprendemos un montón da arqueóloga Nina, que nos fixo ver a importancia que tiveron os ríos Sar e Ulla para a caza, pesca e vida diaria no Paleolítico. Para a agricultura e gandaría no Neolítico. Para os poboados castrexos e comercio intenso con outros pobos do mediterráneo na Idade dos Metais. A gran cidade romana de Iria Flavia e os portos comerciais. A gran importancia que tiveron tamén os nosos ríos na Idade Media coas pesqueiras, torres defensivas contra as invasións viquingas, Castelo da Rocha Branca,... E, posteriormente, se construíron muíños de auga ou batáns para tratar o liño máis coñecido a nivel mundial pola súa calidade. Tamén reflexionamos sobre a contaminación que sofre o río Sar nas últimas décadas despois de milenios dando vida a estas terras con augas de gran calidade.
Calendario
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |