Iniciar sesión
SECRETARÍA
Mural Día da Paz 2023
admin — Mér, 21/06/2023 - 21:51
O mural do Día da Paz pretende ser un recordatorio dos diferentes conflitos armados que están acontecendo na actualidade en varios lugares do mundo. Non deberíamos esquecer que a guerra só supón destrución a todos os niveis e nas escolas temos que amosar o que está sucedendo no mundo promovendo unha reflexión activa.
Que a pintura deste mural (das artistas Maria Prymachenko e Azza Shaikh Ahmad) nos faga lembrar que moitos nenos noutros lugares do mundo non poden acudir á escola, morren en bombardeos, perden aos seus pais e viven nunhas condicións de inseguridade, medo, fame e total carencia dos seus dereitos.
Proxecto Ríos - 5º A Educación Primaria
admin — Mér, 21/06/2023 - 19:42
Os/as alumnos/as de 5º A de Educación Primaria, na materia "Proxecto Competencial", levaron a cabo un traballo colaborativo partindo dos contidos vinculados á "Axenda 2030", proxecto anual de Educación Primaria neste curso 2022/2023.
Decidiron facer o seu traballo sobre os ríos e os mares, xa que todos/as teñen moito contacto con eles. A través de diferentes reunións, quixeron deixar ben claro cal é a diferenza entre un río limpo e un río contaminado. Gustoulles a idea de deixalo reflectido nunha maqueta. Máis tarde, prepararon unha presentación dixital.
A través desta bonita experiencia educativa, pretenden poñer de manifesto a gran importancia do respecto polo medio ambiente.
Exposición sobre Animais en perigo de extinción
admin — Mar, 13/06/2023 - 19:48
En 3º de Educación Primaria investigamos e coñecemos a moitos animais en perigo de extinción. A maioría está nesta situación por distintas actuacións do ser humano.
Visita ao Clube Ciclista Padronés Cortizo
admin — Mar, 13/06/2023 - 12:01
Proxecto Ríos - Saída á Ría de Arousa
admin — Dom, 11/06/2023 - 21:40
As clases de 3º e 4º de Educación Primaria fomos ata o final da nosa Ría de Arousa para coñecer as bateas, dar unha volta polas augas do Grove e ver o itsmo da lanzada que separa da Ría de Pontevedra.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »
Calendario
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |