Skip to Content

Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO 2016-17

O día 1 de marzo comeza o proceso de admisión de alumnado en centros educativos. Aquí aportamos a información necesaria:

NORMATIVA REGULADORA:

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG do 15/03/2013).

 

OFERTA DE PRAZAS:

EDUCACIÓN INFANTIL

4º de Ed. Infantil (1 unidade) - 22 vacantes + 3 reservadas para alumnado con necesidades especiais
5º de Ed. Infantil (1 unidade) - 15 vacantes
6º de Ed. Infantil (1 unidade) -  9 vacantes

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º de Primaria (1 unidade) - 13 vacantes + 2 reservadas para alumnado con necesidades especiais.
2º de Primaria (1 unidade) - 8 vacantes
3º de Primaria (1 unidade) - 13 vacantes
4º de Primaria (1 unidade) - 10 vacantes
5º de Primaria (1 unidade) - 14 vacantes
6º de Primaria (1 unidade) -  4 vacantes

BECAS DO MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS

Axudas para alumnado escolarizado en centros educativos que acrediten a necesidade específica de recibir apoio educativo e reúnan os requisitos establecidos.

 

LIGAZÓN

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 30 DE SETEMBRO DE 2015

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Segundo Orde do 25 de agosto de 2015, véñense de convocar axudas para a adquisición de material escolar nos centros educativos.

Máis información no seguinte enlace.

 

LIGAZÓN

 

PRAZO: ATA O 30 DE SETEMBRO DE 2015.

 

ANEXO DE SOLICITUDE.

IMPRESOS SOLICITUDES LIBROS DE TEXTO (FONDO SOLIDARIO - AXUDAS)

Desde estas ligazóns pódese acceder aos anexos de solicitude tanto para o fondo solidario (3º e 5º de primaria), como para as axudas de libros (1º, 2º, 4º e 6º de primaria).

FONDO SOLIDARIO

AXUDAS LIBROS

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Hoxe, día 1 de xuño de 2015, saíu publicada a Orde pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria, para o curso 2015-16.

No seguinte enlace podedes acceder á Orde.

Ligazón.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Hoxe, día 1 de xuño de 2015, saíu publicada a Orde pola que se convocan as axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado de 1º, 2º, 4º e 6º de Educación Primaria, para o curso 2015-16.

No seguinte enlace podedes acceder á Orde.

Ligazón.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMANDO 2015-16

Damos comezo ao proceso de admisión de NOVO alumnado nos centros escolares.

O prazo de presentación de solicitudes será: DO 2 AO 23 DE MARZO (INCLUSIVE)

A documentación poderase solicitar, a partir de hoxe, na secretaría do centro. Tamén se pode descargar desde os enlaces que aparecen nesta páxina.

 

 

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

·       IMPRESO DE SOLICITUDE OFICIAL (ANEXO II)  descargar aquí

·       IMPRESO DE DATOS

              (TRANSPORTE – RELIXIÓN – AUTORIZACIÓN DE IMAXE) INFANTIL    PRIMARIA

·       CERTIFICADO MÉDICO

·       FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA

·       FOTOCOPIA DOS DNI’s (pai, nai, alumno/a e titor/a legal, de selo caso)

 

 

Outra documentación a ter en conta no proceso de admisión:

NOTA INFORMATIVA OBRIGATORIA.

LISTADO DE VACANTES

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

  Do 2 ao 17 de setembro (ambos inclusive) estará aberta a Convocatoria de Axudas para a Adquisición de Material Escolar 2013, que pon en marcha o Concello de Muros dirixido a familias empadroadas que non dispoñan dos recursos suficientes.

 

Poderán solicitar máis información no Departamento de Servizos Sociais situado no Centro de Día de Muros, no Centro Cultural e Xuvenil de Muros ou na web, www.muros.es

BASES

MODELO DE SOLICITUDE

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2013-14

Xa saíu publicado no DOG o Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato. Deixamos a ligazón á páxina da Xunta de Galicia onde aparece a orde e os documentos anexos.

Os prazos para o curso 2013-14 son os seguintes:

RESERVA DE PRAZA NUN CENTRO AO QUE SE ESTEA ADSCRITO: (No noso caso, o alumnado de 6º de primaria que vai para o IES As Insuas) DO 18 AO 22 DE MARZO. Anexo

SOLICITUDES DE ADMISIÓN: Prazo normal de prematrícula do alumnado novo: DO 5 AO 17 DE ABRIL. Anexo.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EN INFANTIL E PRIMARIA: DO 20 AO 30 DE XUÑO. Anexo.

Distribuir contido


by Dr. Radut