Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 2016-17

O día 1 de marzo comeza o proceso de admisión de alumnado en centros educativos. Aquí aportamos a información necesaria:

NORMATIVA REGULADORA:

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG do 15/03/2013).

 

OFERTA DE PRAZAS:

EDUCACIÓN INFANTIL

4º de Ed. Infantil (1 unidade) - 22 vacantes + 3 reservadas para alumnado con necesidades especiais
5º de Ed. Infantil (1 unidade) - 15 vacantes
6º de Ed. Infantil (1 unidade) -  9 vacantes

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º de Primaria (1 unidade) - 13 vacantes + 2 reservadas para alumnado con necesidades especiais.
2º de Primaria (1 unidade) - 8 vacantes
3º de Primaria (1 unidade) - 13 vacantes
4º de Primaria (1 unidade) - 10 vacantes
5º de Primaria (1 unidade) - 14 vacantes
6º de Primaria (1 unidade) -  4 vacantes

PRAZOS DE PRESENTACIÓN:

 As solicitudes poderanse presentar desde o 1 ata o 29 de marzo inclusive (tendo en conta que no medio están as vacacións de Semana Santa, polo que serán 15 días hábiles para poder presentar a documentación).

CENTROS DE REFERENCIA:

O noso centro ten como Instituto de Educación Secundaria de adscrición ao "IES AS ÍNSUAS" en Muros.

E ao mesmo tempo, nós somos o centro de adscrición da Escola de Educación Infantil "EEI de Tal de Abaixo".

 

 Calendario

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

  • Impreso de Solicitude Oficial (Anexo II) pódese descargar desde esta páxina.
  • Impreso de datos (transporte-relixión-autorización de imaxe) pódese descargar desde esta páxina.
  • Certificado médico (alerxias-información importante que pode influír na escolaridade)
  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • Fotocopia dos DNI's (pai, nai, alumno/a e titor/a legal de selo caso)

 

ANEXOS.

Nota Informativa Importante

Anexo II (solicitude de admisión)

DATOS MATRÍCULA (INFANTIL)

DATOS MATRÍCULA (PRIMARIA)



page | by Dr. Radut