No día de hoxe un axente da Garda Civil estivo no noso centro para informar ao alumnado do último ciclo de primaria, dos riscos aos que se atopan expostos nos xogos online (chats), whatsapp,... Faloulles tamén doutras cuestións como: a importancia de protexer os dispositivos empregando contrasinais seguras, da necesidade de ter un antivirus actualizado ou que se debe ter moito coidado e non abrir ningún arquivo dubidoso ou xanela emerxente.
Ao finalizar respondeu a todas as dúbidas plantexadas polos nenos/as sobre o uso correcto dos dispositivos electrónicos.
Esta é unha actividade enmarcada dentro do Plan Director no que participa o centro e ten 2 vertentes: información para o alumnado e información para as familias.
A charla para as familias será o vindeiro luns día 7 ás 18:00 horas no Salón de Actos do centro. Animámosvos a asistir!