PRAZOS: Do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022
DESTINATARIOS:
-
Alumnado de 1º e 2º de primaria: axuda para a adquisición de libros de texto e de material escolar.
-
Alumnado de 3º, 4º e 6º de primaria: axuda de fondo solidario de libros e material escolar.
-
Alumnado de 5º de primaria: ao contar cos libros dixitais gratuítos (E-dixgal), a axuda será únicamente para material escolar.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
-
Por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), dispoñible na aplicación fondo libros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ).
-
Presencialmente no centro docente. PREVIA CITA NO TELÉFONO:881866814.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
-
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
-
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
-
Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
-
Outra documentación, de ser o caso, sinalada no artigo 11 da Orde do 29 de abril.
LEXISLACIÓN: ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar .
Enlace á aplicación de FONDOLIBROS: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/