Ánxeles Alvariño

CIENCIAS NATURAIS PRIMARIA

Guía Didáctica

1) Obxetivos da área ou áreas implicadas.

· Descubrir ao persoeiro a quen lle adicamos o nome da aula, os datos máis significativos da súa vida, a súa obra e a repercusión do seu traballo.

· Adquirir pautas e hábitos de traballo en grupo, valorando o esforzo dos demais e implicándose no proceso para participar nas áchegas.

· Introducirse no traballo documental a través de internet, sendo quen de extraer a información importante e discriminar a que é superflua.

2) Contidos.

· Datos biográficos, históricos, traballos desenvoltos e outras características importantes dos persoeiros a quen se lle adica o nome de cada aula.

· Navegación pola rede, selección de contidos.

· Normas básicas de traballo en equipa.

· Elementos de comunicación en grupo: técnicas de presentación, murais, carteis, etc.

3) Distribución temporal prevista.

· Virán marcadas polos acordos de calendario do profesorado implicado.

4) Coñecementos previos que debería ter o alumnado.

· Os propios da etapa educativa. Non se precisan coñecementos específicos sobre o tema a elaborar.

5) Material previsto (ordenadores, programas, etc.).

· É fundamental a conexión a internet.

6) Organización do espazo (tanto para o traballo con ordenadores, como para os debates, creación de murais, gravaciones, ensaios, etc.).

Podense organizar espazos diferentes aos da aula para facilitar o traballo dos grupos.

7) A mellor organización dos grupos de traballo.

A organización dos grupos faraa o mestre/a en base a criterios de equilibrio, tanto de intereses como de aptitudes, entre os distintos  grupos.

Aínda que inicialmente se propoñen tres equipos, poderíanse facer máis de maneira que varios grupos fixeran unha mesma tarefa. No caso da tarefa 2, se son varios os grupos que a elaboran, deberíamos nomear un coordinador/a que evitase a repetición de traballos sobre unha mesma proposta.

8) Recursos complementarios para o profesorado (ferramentas, utilidades, documentos, libros, etc.).

Para saber máis sobre a metodoloxía de webquest, pódense consultar estes enderezos:

· http://www.slideshare.net/Mourelos/webquest-1077359

· http://www.bioxeo.com/wq/wq~wq_ga.htm

· https://sites.google.com/site/tallerdewebquest/home

9) Necesidade ou non de contar co apoio doutros profesores/as.

Como queira que o proceso é semellante para todas as aulas participantes é doado consultar e apoiarse entre todos os profesionais que participan na experiencia.

10) A implicación de diferentes áreas.

. Linguas

· Ciencias sociais

· Ciencias naturais

· Tecnoloxía

· Puntualmente según o persoeiro poden estar implicadas outras áreas.

· Todas as transversais.