Ánxeles Alvariño

CIENCIAS NATURAIS PRIMARIA

AVALIACIÓN

 

Calificación /
Criterio

Excelente
(4)

Ben
(3)

Satisfactorio
(2)

Mellorable
(1)

Cantidade de Información

Todos as tarefas foron resoltas .

Resolvéronse a maioría das tarefas, aínda que algunha parte quedou incompleta.

Hai varias tarefas sen resolver.

A maioría das tarefas non se resolveron.

Calidade da Información

Identifica a información importante. A información está claramente relacionada co tema principal e proporciona varias ideas complementarias.

Identifica la información importante e a relaciona co tema principal.

Identifica parcialmente a información importante. Hai información que non se corresponde coa tarefa proposta.

Non identifica a información importante. A información ten pouco ou nada que ver coa tarefa proposta.

Uso de Internet

Usa con éxito e soltura os enlaces suxeridos para atopar información, e navega a través dos sitios con total autonomía.

Pode usar os enlaces suxeridos para atopar información, e navega a través dos sitios con certa dificultade.

É capaz de navegar e usar enlaces se lle proporcionamos algunha axuda. Non é plenamente autonomo/a.

Precisa permanentemente axuda para enfrentarse á navegación

Traballo compartido

Case sempre escoita, comparte e apoia o esforzo dos outros/as. Trata de manter a unión dos membros traballando en grupo.

Normalmente escoita, comparte e apoia o esforzo dos demais. Non causa “problemas” no grupo.

As veces escoita, comparte e apoia o esforzo dos outros, pero algunhas veces non é un membro participativo no grupo.

Raramente escoita, comparte e apoia o esforzo dos demais. Con frecuencia non participa no grupo.


 

Actitude

Nunca critica publicamente o proxecto ou o traballo dos demais. Sempre ten unha actitude positiva cara ao traballo.

Rara vez critica publicamente o proxecto ou o traballo dos demais. Normalmente ten unha actitude positiva cara ao traballo.

Ocasionalmente critica publicamente o proxecto ou o traballo dos demais, pero normalmente ten unha actitude positiva cara ao traballo.

Con frecuencia critica publicamente o proxecto ou o traballo dos demais. Raramente ten unha actitude positiva cara ao traballo.

Comprensión

Amosa un completo coñecemento do tema desenvolto. Pode contestar con precisión cuestións relacionadas coa temática.

Amosa un bo entendemento do tema desenvolto. Pode contestar con certa precisión a maioría das cuestións relacionadas coa temática.

Amosa certo coñecemento dalgunhas partes do tema desenvolto. Pode contestar con precisión só algunhas cuestións relacionadas coa temática.

Non parece entender moi ben o tema. Non é capaz de contestar cuestións relacionadas coa temática.