Plan Proxecta 19-20


 

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE


INTRODUCCIÓN
No marco de plan proxecta “12 meses, 12 paisaxes” desenvolvemos contidos curriculares de diversas áreas. Sempre a través de propostas realizadas con materiais naturais e de refugallo, en diferentes momentos do curso escolar e estacións.
Integramos actividades como obradoiros, exposicións e instalacións colectivas, en espazos común do centro escolar, con actividades individuais e de pequeno grupo realizadas dentro das aulas.
O obxectivo fundamental que guía o deseño das propostas é dar a coñecer, ao alumnado dos diferentes niveis educativos, as características ambientais da contorna propia do centro escolar, de Galicia e as costumes e tradicións que distinguen a nosa cultura e patrimonio.


OBXECTIVOS
Con respecto ao grao de consecución dos obxectivos temos que comentar que se desenvolveron as propostas planificadas ata o segundo trimestre. O peche das escolas no mes de marzo provocou que non poidéramos realizar as saídas previstas nin as intervencións fóra do recinto escolar.
Aínda así foron meses intensos de realización de actividades. Continuamos introducindo materiais da natureza propios das distintas estacións na aula (cunchas, area, pedras, paus, ramas, follas, froitos secos, terra, sementes, piñas, carozos, pétalos, frores,…) e material de refugallo o que nos permitiron propoñer actividades encamiñadas a desenvolver contidos curriculares, sobre todo matemáticos, lingüísticos, artísticos, tecnolóxicos e textuais: seriacións, figuras xeométricas, conceptos de cantidade,  clasificacións, descripcións, adquisición de léxico, achegamento aos textos descriptivos e expositivos, desenvolvemento da creatividade… e todo iso parello á consecución dunha maior sensibilidade hacia o coidado e embelecemento da contorna, extensible ao medio ambiente.
Traballamos tamén con obras literarias como “Wangari e as árbores da paz” e introducimos o uso de imaxes dixitalizadas, en función das diferentes estacións, para incidir na reducción do consumo de papel.


ORGANIZACIÓN
1º trimestre
Iniciamos as actividades conxuntas no mes de outubro. A primeira foi unha instalación interior nun espazo común do centro escolar ao estilo Land Art. Unicamente se podían empregar materiais naturais e había que intentar combinalos de xeito que se potenciara a beleza deses materiais. Tamén se empregaron estes materiais para embelecer os taboleiros dos corredores.
No mes de decembro decoramos unhas árbores de Nadal, creadas con materiais non perecedeiros, empregando bobinas de fío que recuperaron a súa función unha vez desmantelada a decoración navideña.
As felicitacións navideñas foron realizadas co escáner. Esto permiteu empregar materiais de uso cotiá cun tratamento estético, podían imprimirse ou empregar a imaxe para distribuir por medios dixitais e aforrar así o papel da felicitación. Co alumnado de educación infantil empregamos papel para traballar a escritura a través do texto da mensaxe navideña.
Aumentamos as medidas encamiñadas á reducción de plásticos na escola, cambiamos o uso de bolsas para a merenda por tapers e as botellas de auga por botellas non perecedeiras.
Realizamos un obradoiro impartido por unha bióloga da USC, Elena García, para ver a influenza da contaminación no solo nos cultivos e nas árbores.

2º trimestre
A partir do libro de “Wangari e as árbores da paz” traballamos a biografía desta muller que iniciou o movemento verde en Kenia e tamén abordamos a importancia da reforestación, sempre controlada e coa supervisión de persoas expertas. O alumnado de educación infantil rematou este traballo cun mural colectivo onde cada nena e neno debuxouse ao lado da súa árbore, imitando as gardas do citado libro.
Igual que en edicións anteriores as ramas de árbores serven como soporte á decoración sobre diferentes temáticas, por exemplo as bruxas do Samáin. Tamén os taboleiros dos corredores ambiéntanse con materiais naturais.
Reducción do uso de plásticos. Propuxémoslle ás familias que empreguen tápers para as merendas e botellas reciclables para a auga en vez de bolsas de plástico e botellas de usar e tirar.
Paisaxe de outono e paisaxe de inverno. Apostamos pola reducción do consumo de papel. Para iso traballamos con fotografías evitando así imprimir material individual para cada neno e nena. A proposta foi buscar imaxes de paisaxes da contorna en outono e imprimir so 9. Cada neno e nena realizou  un retrato de si mesmo empregando unha fotografía do seu rostro e completando o esquema corporal. Realizaron unha composición coas fotografías, volvimos a fotografiar e visualizamos na pantalla aforrando novas impresión de papel. Esta proposta repetímola no inverno con imaxes das rúas e os edificios emblemáticos da cidade.

Confinamento
Ante a circunstancia excepcional do confinamento realizamos unha serie de propostas de ámbito artístico para darlle continuidade ás propostas realizadas ao longo do curso escolar. Estiveron enfocadas á reducción de papel no ámbito e para realizar con materiais e recursos do fogar:

  • Líñas de Nazca (Perú). Para realizar con calquera material que permita debuxar nel (cola cao, café, arroz, fariña, azucre, pan raiado…) Verter un pouco na encimera da cociña (ou calquera outra superficie lisa) e convidalos a debuxar e crear libremente.
  • Mandalas. Calquera legume ou pasta que haxa na despensa pode servir. A invitación foi a crear composicións libres, un punto central axudaralles moito (nas imaxes é un bombón).
  • Bodegón de obxectos. Imos transgredir a idea de bodegón clásico (con froitas e alimentos) e usamos calquera obxecto da casa: xoguetes, vaixela, zapatos, …Transmitimos a idea de composición estética, equilibrio, …
  • Bisutería. Elaborar pezas de bisutería a partil de material de reciclaxe: cordóns, clips, chapas, botóns, papel, pastas, …
  • Rostros e retratos. Para afondar no esquema corporal, pero empregando obxectos domésticos.

AVALIACIÓN
Os aspectos que nos levan a determinar a valoración do proxecto foron os seguintes:

  • Grao de consecución dos obxectivos.
  • Implicación do profesorado e alumnado implicado.
  • Motivación e satisfacción no profesorado e alumnado implicado.
  • Valoración das familias das actividades realizadas.
  • Repercusión nos medios informativos.
  • Participación de profesorado que non figura no proxecto.

PROFESORADO
Houbo unha parte importante de traballo colectivo onde cada persoa implicada participou nas decisións grupais tales como elexir os espazos máis idóneo e a temporalización para desenvolver as propostas grupais e tamén houbo outra parte de traballo individual, de cada docente co seu grupo de alumnado, para adaptar aos diferentes contextos de aula as actividades.


BIBLIOGRAFÍA
Jeanette W. (2008): “Wangari y los árboles de la paz”. Ediciones Ekaré. Barcelona.