Plan Proxecta 21-22


 

TÍTULO DO PROXECTO “As cores dun curso escolar”

Esta edición estivo fortemente condicionada polo COVID e as medidas adoptadas nos centros escolares seguindo os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias e educativas, aínda que se foron relaxando no último trimestre do curso. Esto dificultou a interacción entre os grupos participantes tendo que modificar a organización habitual, houbo moito traballo a nivel de aula e nas actividades grupais foi preciso establecer turnos rigorosos para o acceso aos espazos.
A participación no proxecto “12 Meses 12 Paisaxes” pretende desenvolver obxectivos e contidos curriculares e extracurriculares relacionados coa sensibilidade hacia a protección e coidado do medio ambiente, estimulación do sentir estético, coñecemento da natureza (animais e prantas), o traballo directo no invernadoiro e a interacción e solidaridade. Coñecemos e rexistramos a evolución da nosa contorna e vivenciamos os cambios experimentados nela no transcorrir do curso escolar plasmando ese coñecemento nos materiais e produccións.

GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS

A continuación exponemos a relación de obxectivos propostos e acadados:

  • Fomentar a reciclaxe de elementos da vida cotiá.
  • Asociar as sensacións das diferentes estacións aos materiais propostos para a súa manipulación.
  • Investigar as aves propias da contorna.
  • Iniciarse nos procesos de investigación e concienciación sobre especies amenazadas.
  • Descobrir novos usos de obxectos cotiás que se ían tirar.
  • Concienciar ao alumnado participante da importancia do coidado e mantemento continuado dunha plantación.
  • Coñecer os nomes e características das hortalizas cultivadas.
  • Observación durante a evolución do crecemento dos cultivos.
  • Coñecer e realizar as tarefas propias dunha colleita: abonar e preparar a terra, plantar, regar, limpar herbas, quitar caracois,…
  • Transferir estes coñecementos á linguaxe plástica.
  • Fomentar no alumnado valores como o coidado do medio ambiente, unha alimentación saudable e a solidaridade.
  • Contribuír ao desenvolvemento de capacidades relativas á competencia social e cidadá.
  • Desenvolver o sentir estético e a valoración da beleza na contorna.


DESCRICIÓN  DAS ACTIVIDADES REALIZADAS. LIGAZÓNS AS EVIDENCIAS GRÁFICAS

O proxecto iniciouse coa manipulación artística de elementos da contorna no outono para realizar actividades estéticas e de ambientación dos espazos, valorando as cualidades dos elementos naturais fronte aos artificiais: follas,  paus, pedras, piñas,… asociados ao outono.
O seguinte material que propuxemos empregar para crear composicións organizados en parellas foron teselas e pedras transparentes donadas por establecemos de materiais de construcións. O material non se pega sobre ningún soporte para poder ser reutilizado por todo o alumnado, cores e sensacións frías asociadas ao inverno.
Para a elaboración das felicitacións navideñas, en parellas, empregaron CDs, DVDs, axóuxeres e capsúlas desbotables de café. Estas creacións fotografáronse o que permiteu compartir o material entre todas as parellas.
A decoración das árboles de Nadal fíxose con trozos de teas e lazos aportados polas familias.

Situados xa no inverno o material que propuxemos para traballar coas cores frías, observando a evolución das árbores de folla caduca do patio do centro escolar, foron chaves grises e fondos de catálogos de papel de parede desactualizados donados por tendas de decoración.
No mes de febreiro con motivo da celebración do Entroido acordouse traballar coa filigrana galega, tan propia da xoiería de Compostela. Serviunos de excusa para introducir outro material do entorno, “o arame” e traballar un aspecto da cultura galega.
Limpado e acondicionamento do invernadoiro xa que desde o verán a proliferación de herbas sempre é importante.
Organizamos a primeira plantación a mediados do mes de marzo. Plantamos cebolas e patacas para que sigan aprendendo sobre os diferentes tipos de sementes. Non puidemos organizar grupos de diferentes niveis para promover a interacción entre o alumnado por culpa das restricións COVID.
Acondicionamos as xardineiras da aula da natureza e volvemos a poñer plantas ornamentais.
Investigación sobre aves da contorna de Compostela para realizar carteis organizados por aulas e/ou niveis co fin de expoñelos para a comunidade educativa.
Os carteis inclúen un código QR para poder visualizar un breve vídeo de cada ave e escoitar o seu son.
Proxecto de investigación sobre Gorilas, por ser un animal cun hábitat moi lonxe da contorna e por estar seriamente amenazado polo furtivismo.
Como última actividade artística con obxectos cotiás empregamos carretes de fíos aportados polas familias, cores propios da primavera, sobre fondo branco. Permitíronnos traballar a cor sobre un fondo branco e unha característica que engadía unha dificultade xa que os carretes rodan ao ser un cilindro taladro sobre o eixo.
 
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN UTILIZADOS E RESULTADOS OBTIDOS
 
En Educación infantil a observación directa e sistemática e a análise das producións son os instrumentos de avaliación máis empregados. O alumnado implícase activamente nas tarefas porque a manipulación de materiais, que permiten diferentes execucións creativas, son propostas altamente significativas.