Plan Proxecta 18-19


 

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE


INTRODUCCIÓN
Seguindo a traxectoria dos cursos anteriores continuamos desenvolvendo propostas que aunan a sensibilización cara o coidado e respecto polo medio ambiente a través da arte e cultivando un sentir estético que loite contra o feísmo.
O que define o noso plan de actuación dentro do marco deste programa de “12 meses, 12 paisaxes” é introducir nas aulas elementos naturais propios da contorna e de cada estación. Estes elementos son empregados para desenvolver propostas artísticas e curriculares, neste curso pedras (para realizar instalacións como Richard Long), troncos, paus e ramas (para recrear árbores), follas, piñas, sementes,…(para realizar a felicitación navideña) e xirasol para facer a nosa versión con pintura.
Noutras edicións saímos pola contorna pero este curso escolar o traballo centrouse nas aulas. A razón fundamental foi a difícil climatoloxía deste derradeiro mes do curso que provocou que desistíramos de desenvolver unha intervención artística de Land Art (como viña sendo habitual) no espazo próximo ao centro escolar da carballeira de Santa Susana.
A nosa premisa é o uso de materiais naturais para potenciar o coñecemento e respecto polo entorno natural.

 


OBXECTIVOS
Con respecto ao grao de consecución dos obxectivos destacar que é un proxecto que vai medrando e que acada os obxectivos propostos no proxecto inicial engadindo outros e seguindo unha mesma liña de actuación. Aínda que van variando, o feito de introducir materiais da natureza propios das distintas estacións na aula (cunchas, area, pedras, paus, ramas, follas, froitos secos, terra, sementes, piñas, carozos, pétalos, flores,…) abre un abano de posibilidades de creación, experimentación, coñecemento, exploración, xeralización,… que facilitaron o desenvolvemento de contidos curriculares tales como: seriacións, figuras xeométricas, conceptos de cantidade,  clasificacións, descricións, adquisición de léxico, achegamento aos textos descritivos e expositivos, desenvolvemento da creatividade… e todo iso parello á consecución dunha maior sensibilidade cara o coidado e embelecemento da contorna, extensible ao medio ambiente.

 


ORGANIZACIÓN
No primeiro trimestre do curso comezamos introducindo un material que nunca trouxéramos ás aulas: toras de tronco de árbore, partes de tronco con musgo e ramas. Estes materiais permitiron traballar en parella e provocar no alumnado interacción, discusión e argumentación. Ferramentas estas que extrapolan a outros contextos da aula, como por exemplo propoñer títulos para unha obra de arte. A proposta foi recrear unha árbore e facer composicións coas ramas reflexionando sobre as liñas rectas, paralelas e perpendiculares, todo isto dun xeito moi intuitivo.
Para rematar este trimestre as nenas e nenos fixeron unha composición con elementos propios de outono que foi empregada como felicitación de Nadal e distribuída entre as familias.
No segundo trimestre analizamos a obra do artista Richard Long. Con pedras de xardinería, outra vez en parellas, manipularon este material para versionar a súa obra. Nunha segunda fase cada nena e neno levou unha pedra para casa e decorouna coa colaboración das familias; de volta na aula permitiu contrastar a diferenza estética, e posibilidades de creación, antes de pintalas (brancas) e despois.
No terceiro trimestre, para rematar o curso, plantamos flores de petunia e levamos uns xirasoles ás aulas. Despois do proceso de observación habitual creamos, con pintura extendida con tenedores, as nosas propias flores que serviron para ambientar e decorar os corredores do centro escolar.
Estaba planificada a intervención artística na Alameda pero vímonos obrigados a desistir.

 


AVALIACIÓN
Os aspectos que nos levan a determinar a valoración do proxecto foron os seguintes:
•    Grao de consecución dos obxectivos.
•    Implicación do profesorado e alumnado implicado.
•    Motivación e satisfacción no profesorado e alumnado implicado.
•    Valoración das familias das actividades realizadas.
•    Exposición ante a comunidade educativa das accións desenvoltas.
Como aspecto negativo a destacar nesta edición salientar que as propostas foron a nivel de aula, quedando pendente de realizar accións colectivas que permitan a interacción a outro nivel do alumnado participante.


PROFESORADO
Cada persoa docente adaptou a temporalización das propostas en función do seu grupo de alumnado. A planificación foi de materiais por trimestre pero con liberdade para realizar a proposta de actividades nas respectivas aulas.
O material rotou polas aulas, iso simplificou de xeito significativo a cantidade del que necesitábamos. A documentación fotográfica foi o que deixou constancia das composicións creadas.

 


BIBLIOGRAFÍA
Long, R.: Gravity. Land Art. Edt. Ivory Press. 2010