Tivemos un problema técnico! O vídeo dunha artista do cole perdeuse polo camiño e non deu chegado para a montaxe do vídeo-resumo que publiquei esta semana. Con sorte, foi fácil de solucionar!
Aquí vos deixo, agora si, o vídeo-resumo do alumnado "facendo música"! Espero que vos guste!
Lembrádesvos da proposta musical do mes de abril? Na que tiñades que enviar un vídeo facendo música? Pois aquí vos deixo un vídeo co marabilloso resultado. Como veredes, saen compañeir@s do cole cantando, bailando e tamén tocando instrumentos!! Fixádevos!!
Esta semana propóñovos repasar os instrumentos musicais. Para iso, só necesitades agudizar ben o oído e a vista nos seguintes vídeos. Os dous primeiros son dúas cancións animadas nas que aparecen instrumentos. Os outros tres son vídeos para adiviñar instrumentos.
Para escoitar un pouquiño de música clásica, xa que hai que escoitar algo de todo... Propóñovos estes dous vídeos animados! Son curtos! Espero que vos gusten! Os máis pequen@s do cole xa coñecen un deles!