Calendario de EFvento
Como o ano pasado por estas datas, xa comezamos co noso calendario de EFvento, con diversos retos motores curtos e/ou de coñecemento, probando as nosas capacidades e favorecendo uns descansos activos entre clases. Retos que se poderán repetir por parte das clases e as tutoras en calquera momento do ano, sobre todo en días de choiva nos que non se poida realizar a Milla diaria na que estamos a desenvolver.
Atrevédesvos a facelos tamén na casa?
Esperamos que os desfrutedes, boa entrada no Nadal!
- blogue de gonzalovp
- 43 lecturas
- Versión para impresora