Tras varios intentos falidos polo moito que choveu en semanas, por fin deu tregua e nos permitiu disputar as carreiras de campo a través deste ano, e por certo, con moi bo tempo.
Deste xeito, os días 23 e 24 de novembro disputáronse as carreiras de campo a través nas instalación do campo de fútbol do Borralliño, en Soutelo.
A espera valeu a pena e deixounos dous días ben solleiros e que se prestaban para o deporte. E aí fomos, dende 2º ata 6º de primaria do cole.
As distancias foron de:
550m para 2º e 3º de primaria
800m para 4º e 5º de primaria
1300m para 6º de primaria e 1º e 2º da ESO
Se queredes coñecer un pouco máis sobre os percorridos e as clasificacións, invitámosvos a visitar este enlace á páxina de AGRUDEBaM:
https://www.agrudebam.es/horario-lectivo/campo-a-trav%C3%A9s-horario-lectivo/
Felicitar ás nenas e nenos participantes polo seu esforzo, e sobre todo polas gañas que lle botaron en correr e animar ó resto de compañeiras e compañeiros.