Animais Encantadores, un programa do CEIP de Chancelas sobre este libro
TÍTULO: Animais encantadores
AUTORA: Susa Herrera
EDITORIAL: Primera Persona
RESUMO: É un libro infantil de animais, cunhas cantigas fermosas, dedicadas ao can, á ratiña, ao pingüín, ao dinosaurio, ao pitiño… Susa Herrera é profesora de música na Escola de Maxisterio de Pontevedra, e coñece moito o mundo dos nenos e tamén a música que lles gusta.
O libro ten representacións a toda cor feitas a partires de figuras de plastilina, obra de María Noel Toledo. As cancións van tamén acompañadas das súas partituras. Complétase cun CD de música.
- Download audio file
- 10 downloads
- 2 plays