Estrela é unha nova alumna de sexto de primaria. Ela ten que recibir clases de apoio e a súa presencia na aula produce certas incomodidades debido ó coidado especial que require. Pero a súa reacción diante da nova dun secuestro conmoverá ós compañeiros de clase, á súa familia e á opinión pública demostrando que, por riba das diferencias, das ideas ou capacidades, o máis importante é ter un gran corazón. Alegación a favor da integración e o valor da diferencia
Diario de Greg (En inglés, Diary of a Wimpy Kid) é unha serie de libros publicados pola Editorial Muíño en España que describe a historia de Greg Heffley, o protagonista, na súa vida de adolescente de forma cómica. Tan só en España, vendéronse 400.000 exemplares do primeiro exemplar e 700.000 do resto. En Estados Unidos a cifra sobe aos 16.000.000 exemplares vendidos.
Animais Encantadores é un ambicioso proxecto musical infantil composto dun libro con dez simpáticos personaxes, representados con ilustraciones a todo cor, no que se inclúen letras e partituras das cancións, así como unha guía de propostas didácticas que farán disfrutar a nenos e nenas. O libro complétase co un cd coa interpretación das dez canción que protagonizan os personaxes do libro, un karaoke e un DVD para seguir as coreografías propostas por Susa Herrera na guía didáctica.
Conta a historia de Koedi, unha nena que ten que emigrar e deixar o seu país, Senegal, porque os seus pais non tiñan traballo alí. Chega a Vigo e séntese moi soa; só ten unha amiga, a Lúa, coa que fala a miúdo. Neste programa os nenos/as de Meaño fan entrevistas preguntando á xente pola emigración en Galicia, sobre que familiares teñen emigrados, a onde lles gustaría emigrar… Como eles din, este é un tema moi de actualidade.
RESUMO: É un libro infantil de animais, cunhas cantigas fermosas, dedicadas ao can, á ratiña, ao pingüín, ao dinosaurio, ao pitiño… Susa Herrera é profesora de música na Escola de Maxisterio de Pontevedra, e coñece moito o mundo dos nenos e tamén a música que lles gusta.
O libro ten representacións a toda cor feitas a partires de figuras de plastilina, obra de María Noel Toledo. As cancións van tamén acompañadas das súas partituras. Complétase cun CD de música.
COMENTARIO: Dende Meaño recoméndannos este libro que trata un tema moi actual: a inmigración a Galicia, neste caso vista a través de Khoedi, unha nena que vén de Senegal.