Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Audio by title t_tulo

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "CONTOS PARA NENOS QUE DURMEN DESEGUIDA"" CEIP CHANCELAS DE POIO

   Editorial Kalandraka

   Texto e ilustraciones: PINTO & CHINTO

   Estes 28 relatos destacan non só pola brevidade, senón tamén pola             súa agudeza narrativa, os xiros literarios e o gran sentido do humor.


10:56 minutes (8 MB)

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "ÁS DE MOSCA PARA ANXO" CEIP CHANCELAS DE POI

Estrela é unha nova alumna de sexto de primaria. Ela ten que recibir clases de apoio e a súa presencia na aula produce certas incomodidades debido ó coidado especial que require. Pero a súa reacción diante da nova dun secuestro conmoverá ós compañeiros
de clase, á súa familia e á opinión pública demostrando que, por riba das diferencias, das ideas ou capacidades, o máis importante é ter un gran corazón. Alegación a favor da integración e o valor da diferencia


10:17 minutes (8 MB)

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "EL DIARIO DE GREG" CEIP CHANCELAS

   TITULO : DIARIO DE GREG

   AUTOR: JEFF KINNEY

   EDITORIAL: MUIÑO

 Diario de Greg (En inglés, Diary of a Wimpy Kid) é unha serie de libros publicados pola Editorial Muíño en España que describe a historia de Greg Heffley, o protagonista, na súa vida de adolescente de forma cómica. Tan só en España, vendéronse 400.000 exemplares do primeiro exemplar e 700.000 do resto. En Estados Unidos a cifra sobe aos 16.000.000 exemplares vendidos.


13:22 minutes (8 MB)

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI "ANIMAIS ENCANTADORES" CEIP CHANCELAS

 

  Título: Animais enCantadores

  Autor: Susa Herrera.

  Editorial: Primerapersona

  Animais Encantadores é un ambicioso proxecto musical infantil composto dun libro con dez simpáticos personaxes, representados con ilustraciones a todo cor, no que se  inclúen  letras e partituras das cancións, así como unha guía de propostas didácticas que farán disfrutar a nenos e nenas. O libro complétase co un cd coa interpretación das dez canción que protagonizan os personaxes do libro, un karaoke e un DVD para seguir as coreografías propostas por Susa Herrera na guía didáctica.


14:05 minutes (8 MB)

Animais Encantadores, un programa do CEIP de Chancelas sobre este libro

 


TÍTULO: Animais encantadores

AUTORA:  Susa Herrera

EDITORIAL: Primera  Persona

RESUMO: É un libro infantil de animais, cunhas cantigas fermosas, dedicadas ao can, á ratiña, ao pingüín, ao dinosaurio, ao pitiño… Susa Herrera é profesora de música na Escola de Maxisterio de Pontevedra, e coñece moito o mundo dos nenos e tamén a música que lles gusta.

 O libro ten representacións a toda cor feitas a partires de figuras de plastilina, obra de  María Noel Toledo. As cancións van tamén acompañadas das súas partituras. Complétase cun CD de música.


14:05 minutes (8 MB)


by Dr. Radut