Iniciar sesión: Acceso

Actividades do centro

Visita A.D Carballal

Como todos os anos, os adestradores do equipo A. D. Carballal visitáronnos co obxectivo de que o noso alumnado coñeza un pouco mais o seu club.

Como sempre foi un pracer e o pasamos xenial.

O sabor da aventura está no mar

En setembro iniciamos as saídas escolares cunha visita ao Porto de Canido e ao Museo de Mar, grazas ao Plan Proxecta-Aliméntate Ben, na súa modalidade O Sabor da aventura está no Mar. No Porto de Canido viron o funcionamento da lonxa, e no Museo fixeron unha degustación dos produtos do mar. Premendo na foto podedes comprobar o ben que o pasamos.

Almorzos saudables

Esta mañá, grazas ao Concello de Vigo o alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria puido gozar dunha charla, baixo a temática "Almorzos Saudables". Aprenderon unha morea de cousas sobre a importancia de comezar o día cun almorzo san e completo, que favoreza o seu desenvolvemento e rendemento escolar. E para rematar, como non podía ser de outra forma, que mellor maneira de aprender que experimentalo directamente. Sen dúbida, un obradoiro moi saboroso.

Un planetario no cole!

Esta semana grazas a Obra Social "La Caixa", o alumnado do cole puido gozar dunha experiencia estelar. No ximnasio do cole montouse un fabuloso planetario móbil. Trátase dunha instalación ideal para a aprendizaxe e a divulgación da astronomía; para achegar o ceo aos nenos que aínda o descoñecen, e aos adultos que o esqueceron. O planetario constaba de 4 programas baixo o título "O ceo das estacións" e unha pequena curtametraxe titulada "A nena que sabía camiñar do revés". Sen dúbida unha forma lúdica e motivadora de coñecer o universo. Aquí deixamos un pequeno vídeo do moito que gozaron os mais cativos do cole con esta experiencia.

Os Guerreiros de Terracota

O pasado mes de febreiro visitamos a exposición dos Guerreiros de Terracota.

O alumnado fixo unha viaxe no tempo e no espazo para trasladarse ata o gran Imperio Chino, atopándose con reproducións dos orixinais do exército de Xi´an e tamén con reproducións de ferramentas, xoias, armas, cabalos,...

Se premedes na imaxe veredes o atentos que estiveron.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: