Iniciar sesión: Acceso

Actividades do centro

COMEZARON OS OBRADOIROS!

Xa chegaron os obradoiros a Bibliosello!! E como non... este mes adicando parte deles ao Entroido. Os nen@s durante os recreos puideron facer uso dos robots, Ipads, mesa de luz, xogos de mesa, tanto para deixar voar a imaxinación e creatividade, pero tamén para divertirse. 

 

Deixámosvos un video para que o vexades!!

OBRADOIRO DE COCIÑA

O noso alumnado tivo a sorte de participar nun obradoiro de cociña da man de Matrakala dentro do proxecto Edu-Excelencia dos C.P. INNOVA.

Conxuntamente, prepararon falafel con salsa de iougur e ensalada de espinacas, tomates cherri, queixo e noces. O comedor cheiraba que alimentaba!! Por último, non podía faltar a degustación. Desfrutade do resumo!!  

Reconquistiña 2022

Deíxamosvos por aquí a ruta definitiva aproximada da Reconquistiña! 
Por mor das obras sairemos da explanada da Laxe e iremos ata a Praza de Compostela (Alameda), onde cantarán @s peques! 
Dende alí, voltaremos ata a Praza do Berbés onde merendarán e desfrutarán dun concerto.
Recordade que se queredes acompañarnos na comitiva ten que ser caracterizados de época!! 

PERCORRIDO IDA:

Ruta de Ida Reconquistiña 2022

 

PERCORRIDO VOLTA:

 

11F

Xa no blog de Libroreta as actividades que se fixeron no Sello polo Día da muller e da nena na ciencia.

Clicade rápido na imaxe!!!

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: