As familias do alumnado de 5º e 6º de primaria poderán acudir ó centro, a partir do martes 28 de Abril, a recoller o ordenador Abalar, unha vez citados por cada titor/a.
Para a retirada do equipo deberán presentar o seguinte impreso:
A música é capaz de todo: trasladarnos a recordos do pasado, acompañarnos en todo momento e conseguir levarnos a calquera lugar, levantando o noso ánimo naqueles días máis grises e tristes.
Aquí, neste pequeno recuncho, imos propoñervos a escoita dunha lista de cancións realmente capaces de conseguir este obxectivo, aínda que, como todos sabemos, a última palabra sempre a temos nós mesmos, porque alegrarnos a vida nestes períodos tan difíciles só depende de nós.
Bailaremos bajo una estrella, é un precioso conto co que se pretende que os máis pequenos interioricen as precaucións que hai que tomar estos días fronte ao Covid-19, transmitíndolles, á vez, unha mensaxe de esperanza e valor da vida, agora tamén con pictogramas.
O pasado xoves día 30 de abril, Manuel de 4ºA compartiu con nós a súa actividade física diaria. Fai bicicleta estática tódolos días, entre 5 e 10 km diarios. Moi bo traballo Manuel.
Aquí vos deixamos as súa foto para que vos animedes a facer actividade física na casa ou na rúa vós tamén. Sempre con moita responsabilidade.
Moitas grazas a Manuel e a súa familia por compartir con nós os seus momentos deportivos.
A proposta do reto de esta semana era de Javi, como podedes ver no seguinte vídeo que él e o profe Xose vos explican. Animádevos a facelo e a enviar os vosos vídeos.
Elena de 6ºA e Humberto de 2ºB, apuntáronse ao reto e conseguírono. Parabéns.
O teu navegador non soporta este vídeo.
Elena de 3ºA, apuntouse ao reto e conseguíuno. Parabéns. Ela reta aos nenos de 3º e 4º a facer a proba tamén. Animádevos.
Noemi de 3ºB, apuntouse ao reto e conseguíuno. Parabéns.
Iago de 4ºB, apuntouse ao reto e conseguíuno. Traballo extraordinario.
Aeneas de 4ºB, apuntouse ao reto e conseguíuno. Traballo fantástico.
Daphne de 3 Anos A, apuntouse ao reto e conseguíuno. Moi ben.
Alejandro de 4ºA, apuntouse ao reto e conseguíuno. Fantástico.
Gabriel de 4ºB, apuntouse ao reto e conseguíuno. Parabéns.
Noemi de 3ºA, tamén se apuntou ao reto e conseguíuno. Parabéns.
Un bocadillo de conservas do mar leva dentro toda la enerxía que necesitas para alcanzar todas as túas metas.
As conservas do mar son ricas en proteínas, moi importantes para crecer. Levan vitamina B12 que é fundamental.
Dentro do Plan Proxecta este ano estamos a participar na escola no Programa da Consellería do Mar da Xunta de Galicia “ Ponlle as pilas ao teu bocata”. E como non podemos facelo na escola, imos tentar facelo na casa.
Aquí vos deixamos a documentación con toda a información para docentes, familias etc. Pode resultarvos interesante. Pinchade na foto e teredes acceso a ela.
Tamén vos deixamos o enlace a web de ponlle as pilas ao teu bocata, onde @s nen@s atoparedes xogos interactivos moi interesantes:
O pasado xoves día 2 de maio, Xenxo de 4ºA volveu contactarnos, para enviarnos o seu vídeo na que practica carreira na cinta. Xenxo adaptase a climatoloxía é segue a practicar actividade física a diario.
ParabénsXenxo e moitas grazas por achegarnos a túa forma divertida de quedar nacasa.