Skip to Content

Monthly archive

11 de novembro: Poppy Day o Día do Recordo

 

Hoxe están connosco no programa dúas alumnas de 4ºB de Educación Primaria para dar conta dunha interesante conmemoración.

 

20 de novembro: Día Universal do Neno

 

  Con motivo da celebración nesta data do Día Universal do   Neno,  temos no programa aos rapaces e rapazas de 6º de  Educación Primaria do noso cole para recordarnos os principios fundamentais que se asentan na Declaración Universal dos Dereitos do Neno.

 

 

 Atención á diversidade: Declaración de los Derechos del Niño (Edición Lectura Fácil)

22 de novembro: O alumnado de 6º de EP, protagonistas da nosa radio

  

   Programa especial do mes de novembro a cargo do alumnado de 6º de Educación  Primaria con seccións moi interesantes e unha que outra sorpresa musical.

Campo a Través Escolar

Proba de Campo a Través Escolar  

Benxamín 19-20.

Venres 15 Nov 2019

          O Vindeiro venres día 15 de Novembro, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participará cos/as nenos/as de 2º e 3º, que  asistirán á proba en autobús e cos mestres do centro. Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chandal do mesmo se o tiveran. Os nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e voltarán ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento é gratuito.

 Todas as familias poderan asistir á proba para disfrutar da xornada.

Atoparedes máis información da proba se pinchades aquí en Agrudebam.

Campo a Traves Escolar

Proba de Campo a Través Escolar  

Benxamín 19-20.

Venres 15 Nov 2019

          O pasado venres día 15 de Novembro, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participou cos/as nenos/as de 2º, 3º e 4º.

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos bos momentos vividos nesta xornada de actividade física. Noraboa a todos os participantes.

Atoparedes máis fotos e información das clasificacións en Agrudebam

 

Cross Country race

On Friday 15th, a cross country race, organised by Agrupación Deportiva Baixo Miño, took place in CEP Pedro Caselles in Tomiño. 2nd, 3rd and 4th grade students participated in this event.

Here are some pictures of the great event. Congratulations to all the participants. You can see more information in Agrudebam page.

Campo a Traves Zonal

Proba de Campo a Través Zonal

 19-20.

Sábado 23 Nov 2019

          O Vindeiro sábadp día 23de Novembro, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participará cos/as nenos/as de 2º a 6ºº, que  asistirán á proba en autobús ou coas súas familias. 

 Todas as familias poderan asistir á proba para disfrutar da xornada.

Atoparedes máis información da proba se pinchades aquí en Agrudebam.

Calendario de Bádminton

DEPORTE ESCOLAR.

Competición de Bádminton 

Curso 19-20

 O Vindeiro martes día 21 de  Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª xornada Alevín, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 5º e 6º. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:30h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro venres día  17 de Xaneiro. As próximas xornadas serán o martes día 4 de febreiro e a xornada final o Mércores 19 de Febreiro. Aquí podedes descargar a folla de inscripción Alevín.

O Vindeiro martes día 28 de  Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª xornada Benxamín e Infantil, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 3º,4º e repetidores de 6º. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:30h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro venres día  17 de Xaneiro. As próximas xornadas serán o martes día 11 de febreiro e a xornada final o Mércores 19 de Febreiro. Aquí podedes descargar a folla de inscripción Benxamín e Infantil.

Pincha enriba do calendario para que poder velo en grande e poder imprimilo

 

Campeonato escolar de Tenis de Mesa

Calendario da Competición Escolar 

de Tenis de Mesa 

Curso 19-20

Xa temos a vosa disposición o calendario da Competición de Volei Escolar para este curso 19-20. Como comprobaredes no calendario serán tres mércores consecutivos os días 11 e 25 de Marzo e 1 Abril, en horario de 16:00h a 19.00h no Pavillón do Ceip de Sobrada. Nesta competición animamos a participar a todo o alumnado de 3º a 6º.

 

Competición Escolar de Volei

Calendario da Competición de

Volei Escolar

Curso 19-20

Xa temos a vosa disposición o calendario da Competición de Volei Escolar para este curso 19-20. Como comprobaredes no calendario serán tres mércores consecutivos os días 27 de Nov, 4 e 11 de Dec, en horario de 16:30h a 19.00h no Pavillón do Ceip Randufe. Nesta competición animamos a participar a todo o alumnado de 3º a 6º. Aquí podedes descargar a nota de inscripción.

Recordade que o bus sairá do colexio ás 16:15h e a volta será ao mesmo ás 19:30h. Aquí deixámosvos a nota informativa.



by Dr. Radut