Skip to Content

Monthly archive

XORNADA DE XOGOS POPULARES PARA Educación Primaria.

XORNADA DE XOGOS POPULARES PARA Educación Primaria.

Venres 25 de  outubro

O pasado venres 25 de outubro tivo lugar a xornada de xogos populares galegos,  para os alumnos/as de Ed. Primaria.

 Tiveron oportunidade de xogar a xogos antigos contados e ensinados polos nenos e nenas de 6º de  Ed. Primaria. Tamén tivo lugar a tradicional baixada de Carrilanas, feitas artesanalmente polas familias. Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasaron. 

 

Popular games for Primary Education

On Friday 28rd, our students from Primary Education enjoyed a "popular games day".

They played a series of ancient games with the help of 6th grade pupils. Thank you 6th grade for all your help.

IV Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

 IV Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

Os alumnos de 6º do Ceip Nº2 de Tui, Iria, Ruth, Zanah, Lucas, Erea, Alexandre, Gabriela e Yesica, xunto ao equipo de Deporte no 2, participaron como voluntarios no desenrolo da proba. Unha sorte e unha satisfacción poder colaborar nesta proba. Aquí vos deixamos un exemplo do ben que o pasamos e da importancia que ten colaborar e axudar nas probas deportivas para que estas se leven a cabo con éxito. Moitas gracias tamén á profe Montse, a profe Patri, a Fernando, a Hernán, a Juan, a Iago e a todas as familias pola axuda.


IV Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

 

Some 6th grade students from CEIP Nº2, apart from some sports team teachers participated as volunteers in the trail. It was a great experience colaborate in this activity. Here you have some pictures in which we are having a great time.

A NOSA HORTA XA VAI COLLENDO FORMA

O acondicionamento da horta deste ano está a levar moito tempo, pero seguimos traballando arreo para que pronto poidamos adicarnos a plantar. Continuamos coa reciclaxe de neumáticos e xa temos dous bancais. O invernadoiro estrea cuberta nova e só falta a división do interior.

                                                                

O SAMAÍN CHEGA Á NOSA HORTA TAMÉN!!

Nótase que xa non queda nada para a festa do SAMAÍN do cole....a nosa horta tamén se suma a esta celebración!! 

 

 

IT IS HALLOWEEN IN OUR GARDEN TOO!!

We are celebrating "Samaín" (A Galician celebration very similar to Halloween) in the following days.....and in our graden it is Halloween too!!

 

 

Camiño Aventura. @s alumn@s de 5º

Camiño Aventura.

@s alumn@s de 5º percorren 5 km do

Camiño de Santiago Portugués.

28 de outubro de 2019

O pasado luns día 28 de outubro de 2019 @s alumn@s de 5º do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui percorreron 5 km do Camiño de Santiago Portugués. Como xa fixeran a semana pasada os seus compañeir@s de 3º saíron dende a Ponte das Febres en Ribadelouro e remataron en Orbenlle.

 

A actividade, patrocinada pola Xunta de Galicia e Xacobeo 2021 para potenciar o uso do camiño, foi dirixida pola empresa de educadores ambientais Alecrín.

Durante a xornada o alumnado achegouse a un estilo de vida saudable mediante a actividade física no medio natural, á vez que participou, dividido en grupos, na resolución de diferentes retos encamiñados a coñecer mellor as lendas, a fauna e a flora do camiño.

Tamén tiveron oportunidade de observar a diversidade e a cantidade de peregrinos que percorren estes días o Camiño para chegar a Santiago.

“Camiño aventura” 5th grade students walk 5km of the Santiago’s Portuguese Route.

On Monday 28rd October,  5rd grade students walked 5km of the Santiago’s Portuguese Route. They began in Ponte das Febres (Ribadelouro) and finished in Orbendelle.

Funded by Xunta de Galicia, this programme helped students to develop a healthy activity where they found out about legeds, flora and fauna.

They´ve also had the chance to meet diferent pilgrims who were walking these days.

 

 

Deporte en Familia. I Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença.

II Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença.

Domingo 13 de Outubro de 2019:

10:00h Valença-16:00h Tui.

O pasado domingo 13 de Outubro  tivo lugar en Tui e Valença, a II Carreira de Orientación Eurocidade. En Valença foi pola mañá, as 10:00h e en Tui foi pola tarde ás 16:00h. Varias familias do colexio participaron nesta bonita experiencia.

A familia Iglesias: Carmen de 5ºB e Martina de 2ºA, achegáronnos o plano da actividade e os seus resultados.

Noraboa a familia Iglesias e a todos os participantes desta segunda edición tudense.

 

Promoción de Xadrez

Promoción de Xadrez

O pasado luns 16 de setembro estivo con nós Luis do Club Xadrez Tui. El contounos cousas moi interesantes sobre o xadrez, o importante que é para a concentración, etc...

Tamén nos convidou a ir a probar as súas clases, os sábados ás instalación do Casino de Tui.

Moitas grazas Luis por aportarnos tanto.

Promoción de Baloncesto

Promoción de Baloncesto

O pasado luns 16 de setembro estivo con nós Samu, Carla e Alejandro do Club Baloncesto Tui. Con eles xogamos a baloncesto e aprendemos o importante que é xogar en equipo. Tamén nos convidaron a formar parte do seu Club.

Moitas grazas Samu, Carla, Jony e Alejandro por por crearnos ilusión polo baloncesto.



by Dr. Radut