Skip to Content

Monthly archive

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 5 de abril os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de A SAR de Redondela , na fase final clasificatoria da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía

 Os parciais foron: C.B.Tui -SAR: 4-6/9-7/8-4/4-5

Gran partido das guerreiras tudenses que ainda que perderon o encontro, xogaron un gran partido.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

Ábrese a tempada na nosa horta.

 

ÁBRESE A TEMPADA NA HORTA ESCOLAR

 

 Debido as condicións meteorolóxicas dende o ano pasado non se pudo traballar nela.

A partir do 3º trimestre abriuse a horta escolar a que os nenos de todo o colexio baixarán a regar e a quitar malas herbas.

 Recomendamos que traiades botas e roupa adecuada para estes traballos durante estas próximas semanas ata finais de curso.

 

Acordádesvos da semanas nas que o colexio repartiu froita para todos,sabedes de onde saen?Moitas das árbores e outras das plantas fixas ao chan como sandía e melón.

 

 

 

SABER MAIS

 

 Sabiades que as cenorias nun principio eran moradas,so que en Holanda fixéronse mesturas ata que se fixeron

laranxas.

 

 

 

 

 

DEPORTE ESCOLAR. Xornada de xogos Populares Ceip Nº2-Ceip Sobrada-Ceip Caldelas- Ceip Guillarei- Ceip Pazos- Ceip Nº2 Curso 17-18 Martes día 8 de Maio de 2018

 DEPORTE ESCOLAR.

 Xornada de xogos Populares

 Ceip Nº2-Ceip Sobrada-Ceip Caldelas-

 Ceip Guillarei- Ceip Pazos- Ceip Nº2

  Martes  día 8 de Maio de 2018

            O pasado martes, día 8 de Maio de 2018  tivo lugar no patio do Ceip Nº2 de Tui a Xornada de Xogos Populares cos ceips Nº2, Nº1, Sobrada, Caldelas, Guillarei- Pazos. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 12:00h, os cursos participantes foron 6ºA, 6ºB, 6ºC. Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasamos. 

      Agradecer a axuda dos profes dos outros colexios participantes, así como a presencia e axuda do Presidente da Federación Galega de Bolos, de Blanca e os seus compañeiros do club de Bolos Celtas Estviada de Baiona. Grazas a todos pola vosa axuda.

 

 

XIII Carreira Xóvenes Atletas. O Porriño 13 de Maio de 2018

XIII Carreira Xóvenes Atletas. O Porriño

 

13 de Maio de 2018

O pasado Domingo  día 13 de  Maio 18, pola mañá, tivo lugar a “XIII Carreira Xóvenes Atletas”, no centro de O Porriño estivo destinada os/as nenos/as nados dende o ano 2003 ata o ano 2015. Fomos 22 nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui os que participamos na mesma, o que fixo que nos concederán o 3 premio en número de participantes, ademáis tódolos participantes tivemos medalla e varios, tamén tivemos trofeo . Noraboa a todos por animarvos a participar.

 

 

 

O equipo Benxamín do Club Baloncesto Tui Subcampión da Liga 17/18

O equipo Benxamín do Club Baloncesto Tui

Subcampión da Liga 17/18

 

            O equipo Benxamín do Club Baloncesto Tui proclamouse o pasado domingo 13 de maio de 2018 subcampión de liga, no Cuvi en Vigo, quedando empatados a puntos co equipo campión, xa que non perderon ningún partido.

            O equipo formado por varios alumnos do Ceip Nº2 de Tui Diego, Roque e Brais de 4ºB, fixeron una temporada estupenda, da que temos que sentirnos moi orgullosos polo seu traballo ben feito.

Na xornada de onte xogaron tres partidos simultaneos, despois dos cales, a Federación procedeu a entrega de medallas.

            Dende o equipo do Ceip Nº2 de Tui queremos, trasladar ao equipo a nosa felicitación e Noraboa, aos xogadores, ao adestrador Javi Niño e a directiva e familia do Baloncesto Tui, polo gran traballo realizado.

            Información facilitada pola familia de Diego de 4ºB, xogador do equipo. Moitas gracias por compartir con nós esta gran noticia.

 

Triatlón Tui-Porriño

Triatlón Tui-Porriño

Sábado 26 maio de 2018

 

Tui-Porriño.

 

O vindeiro sábado día 26 de Maio de 2018, terá lugar a proba de  Triatlón Tui-Porriño, a partires das 17:00h.

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui que imos participar na proba de apoio como voluntarios, invitamos a aqueles alumnos/as de 6º de primaria que queiran axudar e colaborar na proba como voluntarios que cubran a seguinte notiña. Os que participen terán que estar na zona da Marina de 16:00h a 18:30h aproximadamente.

IV CAMPUS FÚTBOL C.D. CALDELAS

 

IV CAMPUS FÚTBOL  C.D. CALDELAS

VISITA A BALAIDOS

 VISITA A BALAÍDOS

 

As nenas e nenos de 4º fumos de visita o Estadio de Balaidos para ver as novas instalacións. Fixéronos unha visita guiada na que puidemos ver os trofeos do Celta de Vigo así como indagar na historia do celtismo. Pasámolo xenial o malo foi que non puidemos pisar o césped pero inda así puidemos tocálo e quedámonos co lema AFOUTEZA E CORAZÓN!

 

 

  

Anulamos a participación nas actividades deportivas de esta fin de semana

 O Ceip Nº2 de Tui únese aos tres días de Loito Oficial

decretado polo Concello de Tui.

 

Ante os graves sucesos ocorridos na tarde de onte ne Paramos, o Colexio Nº2 quere transmitir un testimuño de dor. Sentimos os danos padecidos por todas as vítimas, moitas delas petencentes á nosa comunidade educativa.

Esstamos á disposición das familias que precisen da nosa axuda.

Unímonos aos tres días de Loito Oficial decretado polo Concello de Tui. Durante estes días, non participaremos nas actividades deportivas nas que alumnado do centro estaba clasificado. Solicitaremos o cambio de datas destas actividades, se é posible. Moitas gracias pola vosa comprensión.

 

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar.

O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 co Concello de Tui, organizou para o alumnado de 3º e 4º, o día 18 de Xuño, nas inmediacións de Tui,  cunha duración de una xornada lectiva a 1ª experiencia “Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar ”. Esta proposta en formato de Gynkana con probas saudables do Camiño tratou de achegar ao noso alumnado ás actividades no Medio Natural Próximo: Centro de Tui e Camiño de Santiago. Unha experiencia moi positiva que trataremos de repetir en cursos vindeiros e que nos permiten iniciar ao alumnado de 3º nas actividades no Medio Natural. Moitas grazas a todo o apoio recibido para levar a cabo esta actividade.

 

 



by Dr. Radut