Skip to Content

Monthly archive

Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 23 de outubro os nosos deportistas xogaron, a primeira xornada contra o equipo de Bueu. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: Bueu-C.B.Tui: 3-6/2-6/5-5/3-5

Moi bo partido, no que o equipo tudense xogou moi ben e ademáis gañou. Noraboa.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 28 de outubro de 2018, os nosos deportistas xogaron, a segunda xornada contra o equipo da S.A.R. de Redondela. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: C.B.Tui-S.A.R: 3-4/2-2/3-4/4-3

Moi bo partido, ainda que o equipo de Redondela foi superior e gañou. Non pasa nada o importante e xogar e facelo o mellor posible.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

DEPORTE ESCOLAR. Volei Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 18-19

Hoxe Mércores día 19 de ecembro,  terá  lugar a 2º e última xornada da competición escolar de volei. O horario será de 17:00h-19:00h. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz

 Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz

O pasado venres 19 de outubro, durante toda a xornada, e con motivo do Proxecto Erasmus que se vai desenvolver no noso centro este curso e o vindeiro en colaboración con varios colexios europeos, desenvolvéronse diferentes obradoiros  para promover este estilo de vida. Todo o alumnado participou neles. Tiveron lugar cinco obradoiros diferentes que foron dirixidos por profesionais de cada temática: horticultores, deportistas, cociñeiros, nutricionistas, destistas, fisioterapeutas...

Os obradoiros foron os seguintes:

·         Ecoloxía e Sementes.

·         Nutrición e Hábitos saudables.

·         Actividade Física regular e alimentación adecuada.

·         Saude: Control Postural, Mindfullness e saúde Bucodental.

·         Reciclaxe.

Os nenos e nenas participaron nunha gran variedade de actividades como primeira toma de contacto con un estilo de vida saudable e feliz que pretendemos potenciar con oso proxecto Eramus+.

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui

Curso 18-19

Xoves  día 29 de Novembro de 2018

 O pasado xoves día 29 de Novembro de 2018 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a 1ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Cep Pedro Caselles. A xornada levouse a cabo de 10:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 6ºA, 4ºB. Aquí vos deixamos as fotos dos bos momentos vividos e xogados cos amigos do Cep Pedro Caselles. Grazas por facer posible unha xornada onde disfrutamos e pasámolo moi ben xogando a: Minibalonmán, Minibaloncesto, Minivolei, Bádminton e Fútbol-sala.

GAÑADOR DE TIRO

Angel José González  GAÑADOR DE TIRO

17 Nov 2018.

O alumno Angel José González de 4ºB, apaixoado do deporte de Tiro, vend e gañar o pasado 17 de novembro de 2018 dous diplomas e dúas medallas nas modalidades nas que é máis experto e ten máis experiencia.

Así Angel José foi 1º Clasificado Junior en IPSC da Liga Social XIII Galaicos e tamén foi 1º Clasificado en Carabina Juniorla Liga Social XIII Galaicos. Noraboa A. J.

 

 

VII Camiñada Solidaria 2018 Andatui

VII Camiñada Solidaria 2018.

O vindeiro día 23 de decembro, ás 10:00h terá lugar a VII Camiñada Solidaria 2018 organizada polo Club Andatui Regodepedra. A saída será dende o Palco de Música da Corredoira e terá unha distancia de 8km. Unha oportunidade estupenda para facer deporte en familia. A inscripción é de balde, so tedes que levar alimentos non perecedeiros que serán doados a SOS Tomiño. Animádevos.

I Carreira Nadal Tomiño 2018

I Carreira de Nadal de Tomiño 2018.

O vindeiro domingo 23 de decembro de 2018, terá lugar en Tomiño, con saída na Rúa Daniel Calzado, en horario de 11:00h-12:00h, a I Carreira de Nadal do Concello de Tomiño 2018, organizado polo Concello de Tomiño e o atletismo Trega. Animádevos a participar.

 

Torneo de Nadal de Bádminton

III Torneo de Nadal de Bádminton.

O vindeiro venres 21 de decembro de 2018, terá lugar no Pavillón do Ies San Paio de Tui, en horario de 16:00h-21:00h, o III Torneo de Nadal de Bádminton, organizado polo Club Bádminton Tui en colaboración co Excmo Concello de Tui. Animádevos a participar.

APRÁZASE A XORNADA DE VOLEI

DEPORTE ESCOLAR.

APRÁZASE A XORNADA DE VOLEI

Curso 18-19

O vindeiro Mércores día 12 de ecembro,  ía ter lugar a 2º e última xornada da competición escolar de volei. Esta xornada APRAZASE para o vindeiro Mércores día 19 de decembro, sentimos as molestias que isto lles poida causar. O horario será de 17:00h-19:00h. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar



by Dr. Radut