Skip to Content

Monthly archive

I Carreira Nadal Tomiño 2018

I Carreira de Nadal de Tomiño 2018.

O vindeiro domingo 23 de decembro de 2018, terá lugar en Tomiño, con saída na Rúa Daniel Calzado, en horario de 11:00h-12:00h, a I Carreira de Nadal do Concello de Tomiño 2018, organizado polo Concello de Tomiño e o atletismo Trega. Animádevos a participar.

 

VII Camiñada Solidaria 2018 Andatui

VII Camiñada Solidaria 2018.

O vindeiro día 23 de decembro, ás 10:00h terá lugar a VII Camiñada Solidaria 2018 organizada polo Club Andatui Regodepedra. A saída será dende o Palco de Música da Corredoira e terá unha distancia de 8km. Unha oportunidade estupenda para facer deporte en familia. A inscripción é de balde, so tedes que levar alimentos non perecedeiros que serán doados a SOS Tomiño. Animádevos.

GAÑADOR DE TIRO

Angel José González  GAÑADOR DE TIRO

17 Nov 2018.

O alumno Angel José González de 4ºB, apaixoado do deporte de Tiro, vend e gañar o pasado 17 de novembro de 2018 dous diplomas e dúas medallas nas modalidades nas que é máis experto e ten máis experiencia.

Así Angel José foi 1º Clasificado Junior en IPSC da Liga Social XIII Galaicos e tamén foi 1º Clasificado en Carabina Juniorla Liga Social XIII Galaicos. Noraboa A. J.

 

 

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui

Curso 18-19

Xoves  día 29 de Novembro de 2018

 O pasado xoves día 29 de Novembro de 2018 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a 1ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Cep Pedro Caselles. A xornada levouse a cabo de 10:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 6ºA, 4ºB. Aquí vos deixamos as fotos dos bos momentos vividos e xogados cos amigos do Cep Pedro Caselles. Grazas por facer posible unha xornada onde disfrutamos e pasámolo moi ben xogando a: Minibalonmán, Minibaloncesto, Minivolei, Bádminton e Fútbol-sala.

Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz

 Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz

O pasado venres 19 de outubro, durante toda a xornada, e con motivo do Proxecto Erasmus que se vai desenvolver no noso centro este curso e o vindeiro en colaboración con varios colexios europeos, desenvolvéronse diferentes obradoiros  para promover este estilo de vida. Todo o alumnado participou neles. Tiveron lugar cinco obradoiros diferentes que foron dirixidos por profesionais de cada temática: horticultores, deportistas, cociñeiros, nutricionistas, destistas, fisioterapeutas...

Os obradoiros foron os seguintes:

·         Ecoloxía e Sementes.

·         Nutrición e Hábitos saudables.

·         Actividade Física regular e alimentación adecuada.

·         Saude: Control Postural, Mindfullness e saúde Bucodental.

·         Reciclaxe.

Os nenos e nenas participaron nunha gran variedade de actividades como primeira toma de contacto con un estilo de vida saudable e feliz que pretendemos potenciar con oso proxecto Eramus+.

Merendas Terrorífica Saudables do Samaín

Merendas Terroríficas Saudables do Samaín.

Para celebrar a festa do Samaín, que é unha festa tradicional de Galicia que coincide co 1 de Novembro, o Equipo de Normalización lingüística propuxo festexar este ano con motivo do Proxecto Erasmus, con Merendas Terroríficas Saudables. Para iso o alumnado do colexio, xunto coas súas familias crearon unha receita de Merenda Terrorífica Saudable e o día da Festa do Samaín truxeron a proba a escola para poder degustala. Todas estaban exquisitas. 

Taller de Saúde

Taller de Saúde.

O pasado martes día 20 de novembro de 2018, e seguindo coa formación para promover un estilo de vida saudable, tivemos na escola para toda a comunidade educativa un "Taller de Saúde" en horario de 17:00h-19:00h. 

Contamos coa colaboración do Doutor Dn. Eladio Eulogio Pardo. El abordou os seguientes aspectos sobre a importancia da saúde:

  • Hábitos de vida saudables. Actividade deportiva en familia, alimentación saudable, coidados, horas de sono, hixiene, etc.
  • Alimentación Saudable, equilibrada e ecolóxica. A importancia de una nutrición equilibrida, dieta, aporte enerxético en nenos e adultos,  comidas diarias ( Desaiuno, comida etc), a importancia das merendas ecolóxicas na escola.
  • Coidados. Primeiros Auxilios básicos. Maniobra de Heinlich, Epistaxis nasal, alerxías alimenticias, etc…

Tamén, estivo con nós a Fisioterapeuta Dna Mónica Martínez  que nos formou en:

  • Control Postural na escola, na casa, sentados. 
  • A mochila e cargas no lombo coo levar o peso.
  • Primeiros Auxilios Básicos. Traumas, contusións, etc...

e poidemos disfrutar dos bos consellos da Doutora Dna Laura Méndez especialista en odontoloxía:

  • Saúde bucodental, coidados, limpeza e importancia da mesma na saúde.

Os tres son pais/nais de alumnado do centro e foi unha satisfación aprender da súa experiencia e formación.

     
     

 

 

 

Curso de Manipulación de Alimentos

Curso de Manipulación de Alimentos.

O pasado día 13 de Novembro de 2018, tivemos no Ceip Purilingüe Nº2 de Tui, un curso de Manipulación de Alimentos, co senso de formar ao profesorado na importancia de educar nunha alimentación san, saudable e axeitada.

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Sobrada

 Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada

Curso 18-19

Luns  día 19 de Decembro de 2018

 O pasado Luns día 19 de Decembro de 2018 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada. A xornada levouse a cabo de 10:15 a 13:45h aproximadamente, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 3ºA, 5ºA. Aquí vos deixamos as fotos dos bos momentos vividos e xogados cos amigos do Ceip Sobrada. Grazas por facer posible unha xornada onde disfrutamos e pasámolo moi ben xogando a: Minibalonmán, Minibaloncesto, Minivolei, Bádminton e Fútbol-sala. 

 

 

Xornadas de Formación Erasmus+ para maestros en Toledo

XORNADAS DE FORMACIÓN INICIAIS DE PROXECTOS DE ASOCIACIONS DE INTERCAMBIO ESCOLAR (KA229) - SOCIOS

15 y 16 de octubre de 2018

Os pasados días 15-16 de outubro tiveron lugar en Toledo, as Xornadas de Formación Iniciais de Proxectos de Asociacións de Intercambios Escolar para os socios participantes nos vindeiros cursos. Alí estivemos as profes Puri e Bea, que recibimos formación para levar a cabo o noso proxecto " Fomentando un Estilo de Vida Saudable e Feliz". E tamén aproveitamos as xornadas para coñecer as nosas compañeiras de Torrevieja Carmencita e Estefanía. Un pracer. 



by Dr. Radut