Skip to Content

Monthly archive

COMPARSAS DO ENTROIDO

Nenas e nenos de Pexegueiro do CEIP Plurilingüe e Abalar Nº 2 de Tui participan nas comparsas de Entroido

 

Os nenos e nenas de Pexegueiro do Ceip Nº2 de Tui, participan nas comparsas de entroido coa súa asociación. Aarón de 3ºA envianos estas fotos do que disfrutaron facendo a súa carroza, preparando os seus bailes, e desfilando nos distintos concursos que se celebraron durante o entroido.

CARREIRA POPULAR SAN TELMO 2014

CARREIRA POPULAR DE SAN TELMO 14

Domingo 27 de abril


     O Vindeiro domingo de San Telmo, día 27 de Abril pola mañá, vai ter lugar a Carreira de San Telmo 2014, na Corredera de Tui. Dita xornada está destinada os/as nenos/as inscritos. Recordade que estamos de vacacións.


    Categorías:

  • Xuveníl ( 7000m  nacidos 97/98 ás 10:30h),
  • Senior ( 7000m nacidos 78/96 ás 10:30h), Veteráns A e B ( 7000 m nacidos antes do ano 1977),
  • Cadetes e Infantil ( 2500 m nacidos 1999/00/01/02 ás 12:00h),
  • Alevíns ( 900 m nacidos 2003/2004 ás 12:15h),
  • Benxamíns ( 600 m nacidos nos anos 2005/2006 ás 12:30h),
  • Prebenxamín (  400 m nacidos 2007/2008 ás 12:45h),
  • Pitufos ( 200m nacidos nos anos 2009/10/11 ás 13:00h).

    Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da súa proba para que lle deamos o dorsal.  Despois da entrega de trofeos sortearase unha bicicleta entre os participantes das categorías inferiores.

   Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a  tiveran senón traerán camiseta branca), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

  
   O Club Atletismo realizará a tradicional OPERACIÓN KILO na que os participantes intercambiarán un kilo de un alimento non perecedeiro polo seu dorsal. Ditos alimentos serán entregados a unha ONG.


    ¡¡¡IMPORTANTE!!!

   Podedes atopar máis información da proba na páx web www. agrudebam.es., www. Atletismotui.com. na web do cole: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/taxonomy/term/73

BIG RIDE

Big Ride Tui

Tui convírtese esta fin de semana na sede de varias probas de Mountain bike. Será a Sede da Big Ride, proba na que participan numerosos deportistas importantes de esta modalidade deportiva, tanto a nivel nacional como internacional.

Mañá venres teremos aquí no cole a: Ruben Rodríguez, Ben Cruz y François Bailly. estes grandes deportistas que nos achegarán a este deporte de aventura.

Aquí vos deixamos un enlace a web da proba para que poidades investigar máis.

http://www.bigridechampionship.com/sedes/big-ride-tui.html

BALONMÁN DE CINE

Hispanos, Campeones del Mundo de Balonmano

Aquí poderás ver os mellores momentos da selección española de Balonmán, cando gañou o Campionato do Mundo de Balonmán no ano 2013

http://www.youtube.com/watch?v=HKBElXWRZus

 

  Sri Lanka Película

 

Colombo, Sri Lanka, 2004

Dous amigos, Stanley e Manoj, soñan con poder viaxar a outro lugar, lonxe do barrio pobre no que viven coa súa familia. Deciden viaxar a Alemaña para traballar e enviar diñeiro ás súas familias. Pero a embaixada négalles os visados e pasaportes para poder facelo.

 

Un día, Stanley pensa nunha posibilidade: Ten nas súas máns un cartel que ofrece a posibilidade de mellorar a amizade entre Alemaña e Asia. Alemaña convida a Sri Lanka a un torneo de balonmán en Alemania. Este deporte é totalmente descoñecido en Sri Lanka, pero supón a posibilidade de formar un equipo, ainda que os dous amigos, non teñen nin idea do que é o balonmán!

 

Despois de moitas peripecias estes dous amigos consiguen formar un equipo e chegan a a Alemaña, donde vivirán moitas aventuras. Para sabelas terás que ver a película.

 

 

 

 

 http://www.youtube.com/watch?v=w8Qjeu93dRU

 

SAMAÍN

No Samaín disfrazámonos de personaxes terroríficas, entramos no túnel misterioso  e estivemos coa Bruxa Brunilda e o seu gato. Foi moi divertido.

O equipo Alevín do Club A Quinta Futsal Tui xogau esta fin de semana o Terceiro encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 22 de Novembro de 2014, tivo lugar o terceiro encontro de liga de Futbol-sala, para a categoría alevín  do Club A Quinta FutsalTui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alex e Beltrán de 5ºB. Nesta xornada o Club Futsal Tui viaxaba a vigo, atopándose novamente con outra derrota.

Este curso é o primeiro ano de participación de este equipo la liga federada, o que se lle está facendo un pouco costa arriba, animamos a estes grandes xogadores a seguir xogando que seguro atoparan resultados favorables moi pronto.



by Dr. Radut