Skip to Content

Monthly archive

ACTUACIÓNS DE NADAL

     Como remate do trimestre, os nen@s do 3º Ciclo,  participaron no Festival de Nadal con varias actuacións musicais.

 

      E para finalizar fixeron un desfile de moda.

 

SORPRESA NO AEROPORTO

     Os nen@s de 6º, cando visitamos o aeroporto, atopámonos co campeón olímpico de piragüismo David Cal.  Firmounos  autógrafos e foi moi amable  con todos.

 

  

VISITA AO CASTELO DE SOUTO MAIOR

     Nun día chuvioso, as nenas e os nenos de 5º, fomos de visita ao Castelo de Soutomaior. Participamos nuns obradoiros sobre a vida na Idade Media. Encantounos!

Visitádeo, merece a pena!

 

 

 

              

 

Xornada de Dinamización Intercentros

Xornada de Dinamización Intercentros en Horario Lectivo

Ceip Nº2 de Tui- Cep Altamira de Salceda

22/01/14 

Hoxe mércores 22 de Xaneiro de 2014, celebramos a 1ª Xornada de Dinamización intercentros C.E.I.P Nº2 de Tui- C.E.P. Altamira de Salceda. Os cursos participantes foron a clase de 4ºC e a clase de 5ºA. Nesta xornada participamos todos/as nenos/as en todos/as deportes: xogamos a balonmán, volei, bádminton, baloncesto, xadrez e fútbol-sala, fixémolo o mellor que pudemos, pasámolo moi ben. Aquí podedes ver as nosas fotos e os resultados da xornada.

TÁBOA DE CLASIFICACIÓN

1ª Xornada de Bádminton

1ª Xornada de Bádminton

Categoría Alevín

Pavillón de Randufe

Martes 21/01/14 

     Este martes día 21 de Xaneiro de 2014, tivemos a 1ª Xornada de Bádminton, para a categoría alevín, Pav. do Ceip Randufe. Nesta xornada participaban tamén os Ceip de Randufe, o Ceip Nº1 de Tui, o Colexio Sta María Maristas e o Ceip de Sobrada. Nesta ocasión levamos a cabo os partidos correspondentes a liga de cruces. Xa que na seguinte xornada que xogaremos o vindeiro martes, día 4 de Febreiro. Nesta xornada decidirase a clasificación para xogar as finais coa zona de Tomiño. Aquí vos deixamos unhas fotos, do ben que xogamos os participantes do Ceip Nº2 de Tui.

 

 
     

Duatlón

III Liga Escolar de Duatlón

"Do Val Miñor 2014",

sábado día 1 de Febreiro

Campo de fútbol de Santa Marta en Sabaris, Baiona.

 

     O vindeiro sábado día 1 de Febreiro no antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabaris, Baiona terá lugar, a  III Liga Escolar de Duatlon "Do Val Miñor 2014", que organiza conxuntamente o Clube Ciclista Rías Baixas e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar Xogade (duatlón). Aquí deixamos información sobre a inscripción e participación.

CARTEL 2014

CARTA DE INVITACIÓN

 



by Dr. Radut