Skip to Content

Monthly archive

Actividades de Nadal

 

                                                                                                               

Co fin do 1º trimestre e con motivo do Nadal, no centro celebramos o festival no que houbo de todo.

 

   
   

Coa axuda da profe Rosa, Ana e Lola preparamos unha obra de teatro " El Zapatero Juan" na que participaban nenos e nenas de varios cursos.

 

  

 Os nenos e nenas de Educación Infantil cantaron unhas panxoliñas con coreografía e todo.

 

   

O Coro do CEIP Nº 2 de Tui fixo a sua primeira actuación. Un coro formado por uns 80 nenos e nenas de toda Primaria que ensaiou a profe Marta a que axudou o profe Óscar coa guitarra e que tivo un gran éxito entre toda a comunidade escolar.

O propósito é seguir co coro para novas actuacións ao longo do curso.

Claro que tamén non podía faltar Papá Noel este ano.

   

Visitou aos mestres e aos pais e nais.                                         

 

E claro tamén nos visitou a nós e ata o invitamos a nosa cuchipanda. Seguro que este ano nos traen moitas cousas.

 

 

 

Gala do Deporte Galego

O pasado venres 28 de Novembro celebrouse a Gala para a entrega dos Premios Nacionais do Deporte Galego en Pontevedra.

 Alí estaban para entregar os premios todos os deportistas galegos que estiveron nas Olimpiadas de Pekín. Entre os galardonados estaba un ex alumno do noso centro, Jairo Pérez Calvo que obtivera unha medalla de ouro no último Campeonato de España de Actividades Subacuáticas.

 

 En esta foto están representantes de Agrudebam que asistiron a esta gala co Xefe do Servizo de Deportes de Pontevedra D. Jesús Besteiro.

 

Cross Zonal en Tomiño

 

O pasado 13 de Decembro celebrouse o Cross Zonal que este ano foi en Tomiño e que organiza como en anos anteriores a Agrupación Deportiva Baixo Miño. O noso Centro como sempre alí estabamos preparados para todo.

O día non acompañou, xa que non parou a chuvia  durante toda a xornada. A pesar diso, acudiron moitos nenos e nenas ao Cross.

   
 Aquí está a profe Bea preparando o recorrido a día anterior. Conta coa axuda de Martín de Salceda que coas ferramentas que trae debe de traballlar ben  Aquí xa no día da carreira estamos esperando que nos toque correr dentro do pabellón porque fora chove moito.

   
   
   
   

                                                                                                           

  A chuvia non parou en ningún momento da carreira, pero a pesar diso os nosos nenos e nenas non se asustaron.

Aínda que o fixemos moi ben todos e  todas, algúns do nosos  alumnos conseguiron subir ao podium.

   
 Iván Carnero chegou terceiro na meta.  Manuel Rosada tamén conseguiu a medalla de bronce.
   
   

 Madhi chegou segundo a meta e obtivo a medalla de prata.

 

Dende esta páxina seguiremos informando de todos os eventos deportivos nos que participemos.

Se queredes ver mais fotos do cross podedes visitar

páxina web de agrudebam

 



by Dr. Radut