Skip to Content

Monthly archive

Os nosos colegas de Redondela

 

     Para coñecer en persoa a eses nosos amigos/as de Redondela cos que nos carteamos dende o curso pasado, o 13 de febreiro viñeron a visitarnos a Tui. 

   
 Aquí estamos os dous colexios nos xardíns  Tamén fomos a ver a Catedral.

 Tamén visitamos ao concello e alí recibiunos o Señor Alcalde da Cidade. Aquí estamos no Salón de Plenos.

 

     Pouco despois, o pasado xoves 5 de Marzo e  como resposta da visita que eles nos fixeran a nós o 13 de febreiro, os nenos e nenas de 4º visitamos o colexio " Santa Mariña" de Redondela.

      Alí estivemos cos nosos amigos e amigas redondeláns cos que nos carteamos dende hai 2 anos.

Primeiro visitamos o seu colexio.

   
 Alí está a profe Marelia que estivo antes no noso cole.       E un cole novo e moi bonito

 

Despios fomos a visitar Rodondela.

 

   
 Coñecemos o seu concello.  E recibiunos o señor Alcalde para darnos a benvida.

 

 

   
 Tamén demos un paseo polo pobo....  ...e explicáronnos moitas cousas. 

 

 Pasámolo moi ben, esperamos seguir en contacto con estes nosos amigos.

 

 

 

Viaxe a Coruña dos de 6º

Saída a Coruña dos de 6º.                  

O pasado 17 de Marzo os nenos e nenas de 6º saímos de excursión ata a Coruña para facer unha visita a lugares como a "Casa dos Peixes", a " Casa do Home", a " Casa das Ciencias" ou a Torres de Hércules. Foi unha excursión de todo o día, saímos a mañá e viñemos a noite.

    

A Torre de Hércules ao fondo rodeada de andamios que a estaban reparando.

                                                      

   
 Coa monitora na Casa dos Peixes atendendo as explicacións  Fora no acuario hai focas que se deixaban ver.
  
Na Casa do Home vimos unha película en 3 dimensións de dinosarios. Para iso hai que poñer unhas gafas especiais.

 

 

Aquí estamos descansando a saída da Casa das Ciencias

 Pasámolo moi ben !!!!! 

 

 

Viaxe a Coruña dos de 6º

Duatlon

 

      O Pasado sábado 14 de marzo o noso centro participou no Duatlon que se celebrou en Porriño.

En esta ocasión, como non podía ser de outra forma: gañadores!!!

Os nosos nenos e nenas tiveron unha actuación extraordinaria, e aínda que o recorrido era moi duro xa que había que correr, despois andar en bici e despois de novo correr; o día foi maravilloso e daba gusto estar alí.

 

 

 Aquí está a "marea azul"  como xa nos chaman a cada competición a que acudimos dende que temos esta nova equipación.

 

   
 Primeiro correr.  Coller a bicicleta.
   
 Madhi que fixo unha fantástica carreira.  Assia entrando en meta.
   
   
 Equipo alevín masculino 3º posto.  Equipo alevín femenino 1º posto.
   
   
   

 E non podemos esquecernos de esta campiona, Uxía que aínda que participou co Clube Atletismo Porriño, é do Nº 2.

Felicidades a todos/as !!!!!

 

 

 

Se queres ver máis fotos fai clic aquí

 

Despois chegou o Campionato Provincial que se celebrou o 18 de Abril en Pontevedra.

Para esa proba clasificamos un equipo alevin masculino, formado por Álvaro, Yoel, Iago e Omar.

   
 Aquí posando antes da proba coas profes.  No podio porque quedamos segundos  e tivemos medalla e trofeo.

 

E claro, o noso equipo é imparable, e así o 2 de Maio acudimos ao Campionato Galego que se celebrou en Tomiño. Alí a competencia era moi dura e había equipos moi preparados. A nós dábanos igual, o importante foi participar.

   
 Aquí estamos posando antes da carreira cos nosos amigos/as de varios colexios de Tomiño.  Omar entrando en meta. A súa foi unha gran carreira aínda que facía unha tarde de moitísimo calor.

 

E non nos podemos esquecer de Uxía que merece un apartado especial.  

   
 Aquí en plena carreira de bicicleta...  .... e entrando en meta.

Quedou 2ª de Galicia, Subcampiona Galega. Casi nada.

Moitas felicidades Uxía. Eres a mellor!!!

 

DIVERTÍMONOS NO ENTROIDO !

Co motivo desta festividade e partindo da temática dos contos tradicionais, durante a semana do Entroido disfrazamonos de:

Luns: "A CARAPUCHIÑA VERMELLA"

   
   

 Martes: "OS MÚSICOS DE BREMEN"

 

  Mércores: "A RATIÑA PRESUMIDA"

Xoves: A CINCENTA (Príncipes e Princesas)

   
   

 E o venres, DESFILE POR TUI.

Os de 3 anos ían disfrazados de BRANCANEVES E OS 50 ANANIÑOS, os de 4 anos de PETER PAN e CAMPANIÑA e os de 5 anos de BAILARINAS E SOLDADIÑOS DE CHUMBO.

¡ Mirade que guapiños !

   
   

 

  Entre os contos non podía faltar "OS TRES PORQUIÑOS E O LOBO"

 

 

 

 * Podedes ver máis fotos na galería (ENTROIDO INFANTIL)

Sabor a mamá.

 mamá

 Invitados por nais do noso colexio, os nenos-as de 2ºvisitaron a  exposición do libro " Eu tamén son fonte", que nos enseñou a importancia da lactancia materna.

 Aquí están algúns dos nenos-as  diante do mural que fixeron con toda a información recollida sobre a lactancia.

 mamá2

 

Semana dos Contos do Mundo

     Ao longo desta semana e con motivo do día da Paz, no C.E.I.P. Nº2 de Tui, estivemos celebrando a "Semana dos Contos do Mundo".

Esta non é  unha iniciativa nova, con  un gran arraigo nos cursos pasados nos que traballamos diversos aspectos da cultura dos nenos/as procedentes doutros países que temos no noso centro: A cociña como elemento integrador, Semana do Folklore Internacional, Xogos Populares do Mundo...

Somos un centro educativo con preto de 500 alumnos dos cales un 15% deles proceden doutro país. Creemos que é labor nosa tratar a interculturalidade como algo enriquecedor para toda a Comunidade Educativa.

Polo tanto, este ano como xa dixemos tratamos “ Os Contos do Mundo”, e son as propias familias as transmisoras de esas tradicións arraigadas nos seus paises de orixe.

 O Luns viaxamos ata Uruguai, Venezuela e Arxentina.

Dende Uruguai, Mónica, mamá de dous nenos do centro contounos “ La Mochila Infernal”.

Dende Venezuela coñecemos un conto indíxena con Mª Carmen “ El Dueño de la Luz”.

Seguindo nos países latinos, Laura de Arxentina, contounos o conto de “ La Tortuga Manuelita

   
 Uruguai  Arxentina 

                           

                                                                    Venezuela

                                                          

O martes viaxamos a Centroeuropa,  e a través dos seus contos coñecemos moitas cousas de Alemaña e Rumanía .  

Mónica que naceu en Bremer non podía contar máis que o conto de “ Os músicos de Bremen” ou como dí ela “ Die Bremer Stadtmusitanten”.

Amalia contounos cousas de Transilvania e do Conde Drácula, tamén nos contou o conto de “ El Oso engañado por el zorro” ou “ Ursul Pacalit de Vulpe”

       

   
 Alemaña  Rumanía.

      O mércores viaxamos ao veciño Portugal e con Cándida e Anabela coñecemos dous contos moi bonitos.

Anabela contou “ A historia do burro com rabo de legua e meia” basada nunha historia entre Valença e Tui. 

 Cándida contounos o conto de “ O Sal”.

   
   

      

   Por último o Xoves visitamos Marrocos da man de Fátima. Descubrimos entre outras que os contos neste idioma coménzanse a ler polo noso final. Contounos uns contos moi bonitos e tradicionais de Marrocos que non acertamos a escribir no seu idioma  como “ La Montaña de las Maravillas”.

 

As celebracións do día da Paz rematan o venres cos seguintes actos no Area Panorámica.

  • Teatro Titiricircus a cargo de Tanxarina ás 11:30h,
  • entrega de agasallos do V Concurso de debuxo organizado polo Anpa 
  • clausura do evento coa actuación do coro do Colexio.

  

Mostra de Loita Galega

 

     Para coñecer o Deporte da Loita Galega, viñéronnos a visitar uns loitadores da Federación Galega.

Primeiro eles fixeron unha demostración, pero despois baixo a súa supervisión poidemos nós practicar.

   
 Aquí inmovilizando ao contrario.  Loitando por parellas sobre o tatami.

 

 

 

POR FIN NEVE NO COLE!!!!!!

 

 

Non o podemos crer. Chegou a neve a Tui !!!

Unha acasión así non a podiamos deixar pasar. Todos a ver nevar que non pasa todos os días.

   
 As pistas brancas!  Menos mal que estabamos ben abrigados con gorros, guantes...
   

 O parque de infantil cuberto de neve.

Que bonito !!!

 As profes cheas de frío vendo como veva.

 

Durou pouco, logo se desfixo a neve pero esta experiencia seguro que a imos recordar tempo.

 

 

 

Actividades de Nadal

 

                                                                                                               

Co fin do 1º trimestre e con motivo do Nadal, no centro celebramos o festival no que houbo de todo.

 

   
   

Coa axuda da profe Rosa, Ana e Lola preparamos unha obra de teatro " El Zapatero Juan" na que participaban nenos e nenas de varios cursos.

 

  

 Os nenos e nenas de Educación Infantil cantaron unhas panxoliñas con coreografía e todo.

 

   

O Coro do CEIP Nº 2 de Tui fixo a sua primeira actuación. Un coro formado por uns 80 nenos e nenas de toda Primaria que ensaiou a profe Marta a que axudou o profe Óscar coa guitarra e que tivo un gran éxito entre toda a comunidade escolar.

O propósito é seguir co coro para novas actuacións ao longo do curso.

Claro que tamén non podía faltar Papá Noel este ano.

   

Visitou aos mestres e aos pais e nais.                                         

 

E claro tamén nos visitou a nós e ata o invitamos a nosa cuchipanda. Seguro que este ano nos traen moitas cousas.

 

 

 

Gala do Deporte Galego

O pasado venres 28 de Novembro celebrouse a Gala para a entrega dos Premios Nacionais do Deporte Galego en Pontevedra.

 Alí estaban para entregar os premios todos os deportistas galegos que estiveron nas Olimpiadas de Pekín. Entre os galardonados estaba un ex alumno do noso centro, Jairo Pérez Calvo que obtivera unha medalla de ouro no último Campeonato de España de Actividades Subacuáticas.

 

 En esta foto están representantes de Agrudebam que asistiron a esta gala co Xefe do Servizo de Deportes de Pontevedra D. Jesús Besteiro.

 



by Dr. Radut