Skip to Content

Blog da Lingua

UN SAMAÍN DE MEDO 2019

Como todos os anos, no mes de outubro celebramos no cole o Samaín. Cada ano o equipo de Normalización propón diferentes actividades relacionadas co uso da lingua galega e as tradicións da nosa terra. 

Este ano traballamos as diferentes lendas que forman parte da nosa cultura popular. Cada aula traballou lendas de mar, de bosque, .....e realizou un cartel sobre a lenda que lletocou. Asimesmo, os nenos e nenas tiñan que facer un cómic de medo. Os marabillosos resultados estiveron expostos nos corredores do cole durante un tempo.

 

Asi mesmo, os diferentes corredores do cole foron ambientados según as lendas traballadas no día propio do Samaín. Ese día de festa os nenos visitaron eses rincóns de medo, disfrazáronse e maquiiláronse e degustaron unha merenda terrorífica que as familias (como sempre moi colaboradoras) trouxeron.

REMATAMOS!

Chega o verán e con el as tan desexadas vacacións. Agora toca descansar e disfrutar.

Ata o próximo curso!

LETRAS GALEGAS 2019

Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas, adicado nesta ocasión á figura de Antón Fraguas, cunha semana chea de actos e actividades.

 

   

 

Luns, 13 de maio. Espectáculo de Maxia Escénica a cargo de 2 Minds Combined, dúo de maxia e mentalidade cun toque visual.

     

 

Martes, 14 de maio. Inauguración da Exposición do "Traxe Galego" coa colaboración da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.

       

      

   

     

 

 Xoves, 16 de maio. Concertos Didácticos de Música Tradicional Galega a cargo de Tino Baz.

     

 

 

 

TUI LE

O venres 10 de maio tivo lugar por décimo ano consecutivo a celebración do TUI LE. Coma todos os anos participaron activamente nesta celebración os centros educativos do concello realizando diversas actividades: intercambio de libros, recitado de poemas, photocall, dramatizacións e posta en escena de músicas diversas.

Tamén se realizou coma sempre unha exposición de carteis, elaborados polos escolares de cada un dos centros participantes en torno a distintos autores contemporáneos. O noso cartel recreou a celebración deste décimo aniversario e quedou así de fantástico.

 

                                             

           

 

 

DÍA DA POESÍA

O día 21 de marzo celebrouse o DÍA DA POESÍA e os Equipos da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega traballamos conxuntamente para propor a realización dunha fantástica actividade relacionada con esta data: un "mergullo" do alumnado neste fantástico mundo da poesía.

Léronse poemas e escribíronse outros creados polo propio alumnado e que, eles mesmos, foron depositando nos lugares indicados para tal fin: un vasiños de plástico transparente colocados nas portas da Biblioteca.

Durante toda a semana tamén se realizaron sesións de recitado de poemas por parte de alumnado voluntario desde o espazo da Biblioteca e que se puideron escoitar pola megafonía do centro durante os tempos de lecer.

 

           

 

DÍA DE ROSALÍA 2019

Co gallo da celebración do aniversario do nacemento de Rosalía, o 24 de febreiro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou, entre todo o alumnado do centro, un CONCURSO DE CARICATURAS da célebre autora.

Establecéronse as bases para poder participar e seleccionouse, nunha primeira fase, unha única caricatura por nivel. Rematada esta selección, elexiuse, de entre todas elas, a máis representativa como caricatura e realizouse unha estampación en pegatinas con esta imaxe para repartir entre todo o alumnado participante.

As caricaturas seleccionadas estiveron expostas no taboleiro da entrada do cole para disfrute de toda a comunidade educativa e agasallouse aos gañadores cun fantástico lote con material artístico como mostra de agradecemento.

A calidade artística dos nosos alumnos é innegable e aquí vos deixamos unha pequena mostra. Esperamos que vos gusten tanto como a nós.

 

            

 

           

 

 

BOS DESEXOS E FELICITACIÓNS POR NADAL

Nestas datas tan sinaladas, o espírito navideño comeza a inundarnos a todos. A ilusión, os bos desexos e as emocións e valores positivos, que sempre debemos ter en conta, cobran especial relevancia nestas datas.

O Nadal é un bo momento para compartir experiencias, contar historias, transmitir valores e, sobre todo, para ilusionarnos e desexarlles aos demais todo o mellor. Podemos transmitir o valor de dar e non só de recibir, o valor da unión e o valor de compartir, e a importancia de pasar momentos xuntos e realizar actividades en equipo que nos axuden a crecer e a fortalecer a nosa autoestima.

Promover e cultivar entre o noso alumnado todos estes valores forma parte do noso quefacer diario. Por iso, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, animamos a todo o alumnado a participar nas actividades propostas para levar a cabo estes propósitos:

  • Elaboración de postais, en formato tarxeta, escritas en lingua galega con felicitacións e bos desexos.
  • Recreación dunha aldea galega coa colaboración de todos os niveis educativos do centro confeccionando elementos característicos e propios das nosas aldeas: pontes, muíños de auga, casiñas, pozos, calustras e outras figuras .

Aquí vos deixamos algunhas fotos da exposición de postais e a maqueta da aldea galega para que vexades o fantástico traballo realizado entre todos.

     

      

     

      

          

     

ESCRIBINDO POR SAMAÍN

O Samaín pasou polo cole enchendo de festa e ledicia estos últimos días do mes de outubro. Pero non pensedes que todo foi festa. Tamén tivemos tempo para deixar voar a nosa imaxinación e escribir fantásticos contos de medo e investigar esta tradicional festa buscando e escribindo lendas e tradicións.

Con todos os traballos recollidos montamos esta estupenda e terrorífica exposición no corredor da primeira planta do cole.

 

                   

ENDULZAMOS O FIN DE FESTA

Seguindo coa celebración e, para non perder o gusto por esta tradicional festa, preparámonos para unha espectacular degustación de pratos típicos do Samaín saudables cun gran toque de inxenio e orixinalidade.

Durante os últimos días, o alumnado do centro foi escribindo as súas receitas de cociña terrorífica saudable e hoxe, para rematar a xornada, trouxeron da casa as súas elaboracións coas que preparamos esta fantástica degustación. Queredes ver o resultado? Simplemente espectacular.

 

 

Moitas, moitas grazas a todas as familias pola implicación amosada e por esta gran participación.

 

 

CELEBRANDO O SAMAÍN

O mércores 31 de outubro celebramos no cole o Samaín cunha chea de actividades terroríficamente divertidas.

 

Este foi o cartel co que o noso Equipo

anunciou a celebración da festa e deu a coñecer

as actividades que se tiñan previsto realizar.

 

 

Entramos no colexio coma todos os días pero... Ai, que escuridade! Os corredores e as escaleiras estaban en penumbra, non había luz. Que medo! e, de súpeto, case sen darnos conta, atopámonos rodeados de aterradoras criaturas que colgaban do teito, esqueletos xigantescos, bruxas ameazantes, personaxes de medo, cabazas e caveiras desafiantes, e portas e corredores fechados con escalofriantes e noxentas telarañas. Todo isto perfectamente acompañado con música de terror.

 

    

     

     

     

 

Durante toda a mañá disfrutamos nas aulas dun ambiente totalmente festivo. Realizamos obradoiros de maquillaxe e disfrazámonos con roupa vella que os nenos foron traendo ás aulas nos últimos días para, entre todos, realizar un desfile no patio do colexio.

 

Pasamos unha xornada realmente fantástica!!  Mirade o guapos que quedamos todos!!

 

     

2º B       

       

       

       

 

 

ESTREAMOS CABECEIRA

Xa temos de novo o noso blog funcionando e agora tamén con logo propio. Estreamos cabeceira cunha imaxe personalizada onde o noso compañeiro Fernando, coordinador do Equipo e grande artista, buscou conxugar o nome do noso centro (no interior dun instrumento perfectamente identificble para a nosa profesión como é un libro) co símbolo do noso concello, o seu escudo.

O resultado xa o podedes ver. Precioso! E se a todo isto lle sumamos as cores da bandeira da nosa Terra e o encabezamento escrito baixo o título CAMIÑANDO ENTRE VERBAS, a imaxe non pode ser máis significativa.

 

COMEZAMOS!

Benvidos/as ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui.

Comezamos esta nova andaina polos camiños da nosa lingua cheos de ilusión e con moitísimas ganas de facer cousas.

Traballaremos en equipo e intentaremos deixar as nosas pegadas a través da realización de diferentes actividades relacionadas co noso idioma, coa nosa lingua e coas nosas raíces. Un equipo de xente concienciada e formada, aberta sempre a calquera suxestión e comprometida, en todo momento, coa idea de facer que os nosos rapaces se sintan protagonistas da súa propia aprendizaxe.

 

Fernando, Marita, Mª José, Montse, María Díaz e María Carrete. Equipo de DLG. Curso 2018 – 2019.

Distribuir contido


by Dr. Radut