Skip to Content

Blog da Lingua

SEMANA DA PRENSA .- MARZO 2021

Na semana da prensa, do 8 ao 12 de marzo, o alumnado do cole puido traballar con exemplares de prensa escrita nas aulas. Dende o EDLG, deixámosvos un video dos nenos de 5 anos B, que aproveitaron para facelo en galego.

Seguro que no blogue da Biblioteca do cole tedes máis vídeos e imaxes da súa proposta de traballo para esta semana. Visitade o blog da Biblio!!

Preme na imaxe para ver o vídeo dos alumnos de 5 anos B:

 

 

Por último, deixamos uns enlaces a algún periódico en galego...por se vos apetece ler noticias tamén na nosa lingua:

https://www.nosdiario.gal/

https://diarioluso-galaico.com/

https://www.xornaldelugo.com/

http://www.anovapeneira.gal/

http://xornaldevigo.gal/

https://galego.farodevigo.es/

https://www.diariodepontevedra.es/gl

https://galego.lavozdegalicia.es/

 

Especificar que o equipo só pretende facilitar a lectura de noticias en galego. Non escollimos baixo ningún criterio uns periódicos por riba doutros. Se buscade na rede, atoparedes máis periódicos que poden ter edición en galego.

 

 

 

 

 

E CHEGOU O DÍA DE ROSALÍA....

E chegou o 24 de febreiro.....o Día de Rosalía!!

No cole celebrámolo de xeito virtual coa elaboración conxunta da actividade "Rapeando a Rosalía".

Nas aulas os titores traballaron máis polo miúdo a figura da nosa gran escritora e tentamos facer no exterior unha exposición dos traballos do curso pasado para esta data. Tivemos sorte que non choveu....pero o vento entorpeceu un pouco o desenvolvemento da actividade.

   

 

Por outra banda, a mestra de infantil Ana, preparou unha instalación artística de xogo e movemento baseada na figura de Rosalía de Castro. Invitámosvos a visitar o blogue da Biblioteca do cole onde atoparedes a explicación da actividade e fotos e vídeos desta exitosa actividade. Preme na imaxe para ir ao blogue da Blibio. Non volo perdades!!!

 

24 DE FEBREIRO DE 2021.- DÍA DE ROSALÍA

Para Galicia Rosalía de Castro é algo máis ca unha escritora. Xeración tras xeración, a súa figura é un referente que está por riba de ideas e xeografías. Para os galegos e galegas ningunha outra figura literaria ou cultural ou política ou o que for os une tanto arredor do sentimento de pertenza a unha terra.

Neste ano no que todos os traballos de centro teñen que facerse virtualmente para respectar os grupos estables de convivencia, ocurríusenos poñerlle música a un dos seus poemas máis coñecidos da súa obra Cantares Gallegos: "Adiós ríos, adiós fontes"

Este é o alumnado do 2...rapeando a Rosalía!!

 

(É un vídeo un pouco longo.....pode tardar en carregar)

ENTROIDO NO 2!!

Un ano máis, o 2 non podía faltar na celebración máis divertida de todo o curso....a do Entroido!!

Neste ano máis que nunca, tiñamos que manter as tradicións....e durante toda a semana Lúa deixou os seus mandados....algo na testa, no pescozo, zapatos coloridos, a roupa do revés......e o día máis esperado polos nenos....o venres!!! Ese é o día que poden vir disfrazados do que desexen, sempre cumprindo coas normas do sentidiño.

Falamos nas aulas do Entroido, das diferentes formas de celebralo na nosa terra......personaxes de entroido, tradicións.......

E así desfrutaron algúns dos nosos nenos e nenas do Entroido no 2:

 

 

 

 

AS GOTIÑAS DE AUGA E O ARCO DA VELLA.- INFANTIL 5 ANOS B

E seguimos traballando en galego nas aulas!!

Os nenos e nenas de 5 anos B, fixeron un contiño moi bonito. E qué ben o leron para que todos vos pasedes un momento agradable coa nosa lingua.

Xa sabedes.....animádevos a ler e a amosar os vosos traballos ao resto da comunidade educativa.

Animo rapaces!!

(Premer na imaxe para ver o conto)

30 DE XANEIRO DE 2021.- DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON-VIOLENCIA

Achégase un ano máis o 30 de xaneiro.....un día no que nunca está de máis recordar que non queremos vivir nun mundo onde haxa violencia de ningún tipo....nen sequera a través da fala. Cantas verbas bonitas na nosa lingua que soan tan ben....que expresan bos sentimentos....verbas que deberían soar todos os días....e se é en galego.....mellor!!!

Os nenos e nenas de 5 anos B queren berrar en galego que queremos paz...preme na imaxe para escoitalos:

CONTACONTOS EN GALEGO: A EIRUGA LARPEIRA.....QUÉ FAME!!.- INFANTIL 5 ANOS B

...E seguimos traballando en galego cos nosos nenos. Nesta ocasión, os nenos e nenas de Infantil 5 anos B, traballaron un conto marabilloso: A eiruga larpeira. Fixeron entre todos os decorados do conto e aprenderon moitas cousas en galego sobre as eirugas e a comida....eles e elas sí que son larpeiros!

Para que vexades qué bonito é este conto e vos animedes a lelo...aquí vos deixo a sesión de contacontos que fixeron coa axuda da súa mestra.

Bravo nenos e nenas!!!

Fai clic na imaxe....

A POLO 2021 CON FORZA E RESPONSABILIDADE.....

Como o título da entrada dí....comezamos este novo ano con moita forza e responsabilidade!!!

Sabemos que o 2021 ofrece nada menos que outras 365 novas posibilidades......de ser felices, de cumprir soños, de rir, de emocionarnos, de aprender, de valorar, de coidar e coidarnos....e por qué non, nun futuro non tan lonxano, de darnos bicos e apertas!!

Esta semana, a primeira deste trimestre....todo o cole realizou unha actividade moi sinxela para pararnos un anaco e reflexionar, desexar e pensar nos novos propósitos para este ano incerto.....

Transformamos un anaco da nosa aula nun mar......nun mar ao que botamos as nosas botellas cheas de desexos e propósitos para este ano. Unhas botellas que esperemos cheguen todas a bo porto para que se cumpran todos e cada un destes desexos.

A continuación, unha pequena mostra do gran traballo do noso alumnado:

Dende o equipo de EDL queremos agradecer a boa disposición e o traballo comprometido de todo o profesorado!!

A continuación unha pequena mostra do resultado....

 

VÍDEOS (PREMER NAS IMAXES):

     

        

                

                                                  

IMAXES:

   

   

   

BO NADAL!!!

A pesar de que pola Covid-19 non puidemos celebrar no cole a chegada do Nadal como os nosos nenos e nenas o merecen....aquí vos deixamos unha mostra do bo facer tanto dos nenos coma dos mestres e mestras.

Todo o cole aprendeu a panxoliña "O meu Nadal Perfecto".As mestras de infantil e o mestre Ramiro fixeron un gran esforzo que deu un gran resultado.

Os nosos nenos e nenas de Primaria deron por turnos un concerto dende a súa aula para o resto do cole a través de vídeoconferencia.

Os nosos nenos e nenas de Infantil fixeron uns vídeos preciosos onde podemos ver o ben que o pasaron aprendendo a panxoliña e a súa letra en lingua de signos.

Porque por moito que o virus teña cambiado a nosa forma de relacionarnos no cole.....entre todos seguimos formando...o Número 2!!

Premede nas imaxes para ver os vídeos dos nenos e nenas de infantil 4 e 5 anos:

 

 

 

O MELLOR CONSELLO....POR 4º B

Nestes tempos tan complicados, nunca está de máis recordar un dos mellores consellos que debemos seguir para gañarlle ao virus......e se se fai en galego....e cantando....que máis podemos pedir???

 

Nesta ocasión, o alumnado de 4º B presume de lingua e de voz....preme na imaxe para desfrutar e cantar con eles!!!

LECTURAS RECOMENDADAS EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS

....E xa temos as primeiras recomendacións de lectura. Desta volta, Os nenos e nenas de infantil 4 anos desfrutaron coa lectura destes libros:

Queredes saber de que van os contiños? Non vos perdades aos vosos compañeiros das aulas de infantil de 4 anos contando estes contos maravillosos!!!

PARA VER O CONTO DOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS A PREME NA SEGUINTE IMAXE:

PARA VER O CONTO DOS NENOS DE 4 ANOS B PREME NA SEGUINTE IMAXE:

 

 

Grazas polo voso fantástico traballo!!

3,2,1....ACCIÓN!!

Estades preparados xa??

Porque este ano ides ter que traballar arreo pola nosa lingua....e que mellor que a través da lectura??

pero non vai só ler e ler e ler.....ademáis ides ter que:

- recomendar aos compañeiros doutras aulas o que tedes lido na clase en formato dixital....e botándolle imaxinación!

-contar ou representar un conto ou un anaco da vosa lectura.....

-facer un resumo, facer unha crítica do libro....musicando a vosa aportación....

 

buff...hai tantas opcións.....e se non se vos ocorre nada.....os titores e titoras deste cole son especialistas en facer cousas moi moi chulas....pedídelles axuda...

 

E todos os vosos traballiños van a estar expostos aquí para que todo o cole siga as vosas recomendacións de lectura, escoite as vosas opinións, os vosos contiños feitos por vós...

E pensaredes....e todo isto....por qué?? Pois porque vivimos en Galicia.....somos galegos.....e temos unha lingua propia que merece ser coidada e darse a coñecer.....

PREME NA SEGUINTE IMAXE PARA VER O VÍDEO QUE DA SAÍDA A ESTA ACTIVIDADE:

 

CURSO 2020-2021.....COMEZAMOS!!

 

 

E xa estamos de volta!

Benvidos un curso máis ao blogue de Dinamización da Lingua Galega.

Despois do curso anterior temos postas moitas ilusións neste, agardamos que as cousas saian sempre ben e poidamos traballar pola nosa lingua como sempre.

O equipo encargado de dinamizar a lingua galega este ano está formado por: Eli, Nuria, Luis, Mª José, Merce e Montse.

Vémonos pronto!

DÍA DE ROSALÍA 2020

A figura de Rosalía de Castro é unha das máis grandes da nosa historia literaria. Cada ano, o 24 de febreiro rendímoslle homenaxe ao noso xeito. Este ano os nenos e nenas traballaron na aula un dos seus poemas e decoraron un poster que quedou exposto no cole. É xusto dicir que os nosos nenos e nenas sempre nos sorprenden pola gran calidade das súas creacións. Grazas tamén aos titores e titoras que atoparon un oco para traballar a nosa proposta. 

 

 

PANXOLIÑAS DE NADAL 2019

Para o Nadal, este equipo centrou a súa acción de dinamización da nosa lingua nas panxoliñas.......panxoliñas que cada alumno e alumna tiña que escribir e ilustrar. Os resultados foron como sempre moi bos. Agradecemos sempre a implicación dos titores e titoras e sobre todo das familias para poder seguir camiñando entre verbas....entre as nosas verbas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut