Día Internacional da Muller
8-marzo-23
C.E.I.P Nº2 de Tui.
Hoxe día 8 de marzo de 2023, celébrase o " Día Internacional da Muller" baixo o lema " Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero". Dende o equipo de deporte no 2, sumámonos para poñer en valor, esta iniciativa que no noso centro impulsou o Departamento de Orientación e a biblioteca.
Un manifesto en defensa da muller, da igualdade na vida e no deporte, escrito polo alumnado de 6ºA ao que lle puxeron voz: Alicia, Alexia, Anxo e Sabela. Unha cantiga " Chea de Vida" de Gaudí Galego que cantada polo noso alumnado nos fixo vibrar neste acto.
O alumnado de 5º de Educación Infantil aproveitou estes días, para traballar mulleres importantes nas súas vidas e facer un xornal, coincidindo coa Semana da Prensa.
O alumnado de 6º de Educación Infantil aproveitou para traballar , para traballar mulleres de Tui e facer un xornal, coincidindo coa Semana da Prensa.
Grazas a todos por momentos tan importantes para a vida coma estes.